domingo, 3 de junio de 2007


ESQUERDA UNIDA- IZQUIERDA UNIDA
DENUNCIA:

"O SEÑOR DOS LADRILLOS: A COMUNIDADE DO LADRILLO"

Unha historia protagonizada polo alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro.
Dirixida, producida e financiada pola Asociación Provincial de Empresarios da Costrucción (APEC) e a Cámara de Comercio.

Sinopse:
A maioría absoluta do PSOE comenza coa existencia de 13 ladrillos que foron otorgados a igual número de concelleiros, que estarían baixo as ordes dun Ladrillo único, que pertencía a Orozco.
Orozco é elexido Portador do Ladrillo, e fórmase a Compañía do Ladrillo. O Ladrillo ten unha vontade propia e pode corromper ó seu dono. Hipólito, Mosteirín e Pedrouzo, entre outros, dirixen como representantes dos seus respectivos reinos. Gómez Besteiro, que se revela como o verdadeiro heredeiro destes grandes constructores, tamén xura protexer ó Portador do Ladrillo. Liñares e outros concelleiros/as completan a compañía. A súa misión é protexer o Ladrillo ata que chegue o Plan Xeral de Especulación Municipal (PXOM), onde esperan as plusvalías encantadas do solo urbanizable. Os incontables serventes dos seus principais aliados financian e patrullan as terras para as que se conceden licencias de obra.
Baixo o poder dos Ladrillos, os concelleiros do PSOE comenzaban a conquistar o Lugo Medio ata que unha alianza entre veciños, xente de ben e Esquerda Unida xurdiu para derrotar ó exército de Orozco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario