lunes, 1 de octubre de 2007

A ASEMBLEA DE EU-IU LUGO ELEXIU O NOVO CONSELLO LOCAL QUE IMPULSARÁ O PROXECTO NO MUNICIPIO
Na Asemblea comarcal celebrada o xoves 13 de setembro, Esquerda Unida Lugo elexiu o novo Consello Local formado por Isabel Sánchez Corral, Alba Cela Ferreiro, Carlos Castro Vázquez, Ángel Sánchez, Santos Costa e Carlos Portomeñe.
No transcurso de dita Asemblea aprobáronse por unanimidade o Informe político e o Plan de traballo que contemplan o relanzamento desta organización nun contexto político favorable na cidade e nun periodo de extensión de EU-IU a nivel galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario