ESQUERDA UNIDA ESIXE UNHA NOVA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM EN CUMPRIMENTO DA LEI DO SOLO
Esquerda Unida esixe que o PXOM sexa exposto novamente ao público logo de sufrir importantes modificacións desde a súa aprobación inicial. Este foi un dos temas fundamentais que destacou Carlos Portomeñe na súa comparecencia en roda de prensa para valorar o actual proceso de tramitación do PXOM.
Esquerda Unida esixe que o PXOM sexa exposto novamente ao público logo de sufrir importantes modificacións desde a súa aprobación inicial. Este foi un dos temas fundamentais que destacou Carlos Portomeñe na súa comparecencia en roda de prensa para valorar o actual proceso de tramitación do PXOM.
O artigo 85.6 da Ley 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia establece que “no caso de que se pretenda introducir, no momento da aprobación provisional polo pleno municipal, modificacións que signifiquen un cambio sustancial do documento inicialmente aprobado … abrirase un novo trámite de información pública con anterioridade ó referido acordo do pleno municipal e da remisión da documentación oportuna á consellería para resolver sobre a súa aprobación definitiva”.
- Houbo que adaptalo á Lei de Evaluación Ambiental.
- Un informe desfavorable da Consellería de Cultura obrigou a rectificacións dada a “escasa protección do patrimonio”. En concreto Cultura pedía a catalogación de 66 edificios, delimitar a protección do Camiño de Santiago e preservar a zona rural.
- Posteriormente houbo un informe desfavorable da Consellería de Política Territorial por fallos en dez estradas, entre elas a futura ronda este e os viais para futuras urbanizacións contempladas no novo Planeamento.
- Despois da perda de mayoría absoluta do PSOE, a negociación cos grupos de oposición na corporación trouxo acordos sobre o “groso” do PXOM, en moitos casos positivos. Pero cuantitativamente supoñen importantes alteracións do Plan inicialmente aprobado. Reduciuse o solo urbanizable delimitado e non delimitado, permítense máis alturas no entorno de Lugo e menos nas parroquias, establécense cambios no Carme, Albeiros, Barrio Feijoo, A Piringalla, Sagrado Corazón ou As Fontiñas. Tamén se acordan infraestructuras como a conexión da autovía e o novo hospital, a ronda este ou a supresión da ronda oeste, ou a estación do tren. Son os cambios que en principio trascenderon públicamente, pero existen máis.
En definitiva, as modificacións presentan un PXOM novo, moi diferenciado do aprobado inicialmente, do que os propios grupos de oposición manifestan o seu descoñecemento íntegro, justificando unha nova exposición pública segundo establece a Lei do Solo.
Ademais, Portomeñe criticou que non se teña comunicadas as informacións das 6.500 alegacións presentadas polos/as lucenses no prazo legal establecido. O Concelleiro de Urbanismo rompeu un compromiso que adquirira ao tomar posesión do seu cargo, cando dixo que ía establecer un “control persoal” sobre estas comunicacións.
Tamén falou sobre os prazos e tachou de “rocambolesca” a remisión á Consellería dos acordos parciais sobre o PXOM, dado que a Lei do Solo establece que o documento de remitirá “completo” logo de ser aprobado provisionalmente no Pleno. Non poden remitirse acordos que non se aproban legalmente pola corporación.
O PXOM é o documento máis importante que se aproba nun Concello xunto cos Orzamentos, e excede os acordos e pactos políticos que se den entre partidos políticos. A este respecto, Esquerda Unida plantéxase varias cuestións:
- Pese aos cambios positivos que se dan en torno a barrios como Albeiros ou Feijoo ¿os acordos entre PSOE, PP e BNG eliminan o carácter especulativo do PXOM?
- O PXOM establecía a construcción de 76.000 vivendas na zona urbana para os vindeiros dez anos e a Lei establece a obrigatoriedade dunha previsión demográfica: ¿cantas vivendas e habitantes prevé o plan despois dos acordos?¿Elimínase a construcción na outra marxe do río?
- ¿Por qué os grupos de oposición non insisten na necesidade de comunicar as alegacións presentadas polos/as lucenses?
- A aplicación do Plan vello (PGOU) permitiu o desenvolvemento de Sanfiz, Abella, as vivendas do IGVS, A Piringalla, a gran praza da Milagrosa, As Gándaras, as Saamasas ou o Parque de Rosalía, entre outros. Máis de 700.000 metros de solo urbano, case un 20% das vivendas existentes actualmente na cidade ¿Por qué sería negativo que non se aprobase este PXOM?.
- ¿Contemplan os acordos un Plano de Mobilidade que potence o transporte público?¿Téñense en conta as propostas da Axenda 21 -algunhas convertidas en promesas electorais- como o tranvía?
- Nunca cidade con máis de 15.000 vivendas baleiras e se non se aprobase este PXOM, ¿non se obrigaría ao goberno municipal a trocar a súa política e converter a vivenda nun dereito básico cunha previsión real da demanda e non a actual politica de especulación? A vivenda debe ser para vivir e non para especular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario