CARTA AOS "DEMÓCRATAS DE TODA A VIDA"
Carlos Anxo Portomeñe Pérez
Vivimos nunha sociedade tan fachendosa e vanidosa que presume de ser o mellor dos mundos posibles, e atribúese o don de establecer que é democracia e que non o é sempre en comparación consigo mesma. Así, arbitrariamente fálase de partidos democráticos e non democráticos, négase ou outorgase o status democrático a Estados e gobernos, e dise actuar a partir das institucións en nome da democracia, defendida a voces a través dos chamados medios de comunicación de masas. Pero atopámonos diante dun concepto de democracia cuxos portavoces son autorizados en función do asentimento aquiescente, a ausencia de crítica ou a contía da conta bancaria.
De tal xeito que para os "demócratas de toda a vida" un Estado é democrático ou non dependendo de se as eleccións as gaña o goberno ou a oposición (Venezuela), e un gobernante é democrático (Gadafi) cando é aliado e propicia contratos, pero ditador cando se consideraba adversario. Vivimos, só en teoría, na Europa da democracia [de mercado] onde o fracaso dun Tratado Constitucional que consagra unha Europa potencia -militar e do gran capital- supérase mediante a súa sanción polos parlamentos representativos, sen referendo nin consulta popular.
Só por citar algúns exemplos, na España democrática unha institución representativa, o Xefe de Estado, foi nomeado herdeiro polo ditador Franco e pola "graza de deus", xurando os principios do Movemento pero nunca os da Constitución. Na carta magna recóllese o dereito de sufraxio pasivo, pero este non afecta á Xefatura do Estado. Unha figura defendida a capa e espada polos grandes medios de comunicación, pertencentes a grupos financeiros que protexen os seus intereses privados.
Na Galicia democrática, o dono dunha empresa, INDITEX, posúe un patrimonio, só en Bolsa, equivalente á renda anual dun millón de galegos, mentres existen uns 400 mil galegos e galegas que viven en situación de pobreza, deles 104 mil, unha cuarta parte, na pobreza extrema, segundo datos oficiais.
No Lugo democrático, onde tamén unha boa cantidade de demócratas "de toda a vida" defenden os sagrados valores da democracia e as súas institucións, a pensión media é de 478 euros e os salarios un 16% máis baixos, mentres a vivenda duplicou o seu prezo e o crecemento económico mantense a costa do aumento das desigualdades sociais, sendo a comarca de Galicia con maiores desigualdades entre pobres e ricos. Sen embargo, constrúense miles de vivendas e xéranse fortunas millonarias que só repercuten no beneficio dunha minoría. É a mesma cidade onde se conceden permisos de edificación a un promotor en nome dos dereitos democráticos, sen importar os de once mil firmas que tratan de impedir a destrución dun parque de todos, o Rosalía de Castro. Por suposto, non se poden amasar fortunas sen a existencia cómplice dun entramado político e económico que establece unha relación directa entre os negocios privados e a concesión de licencias por parte das institucións. É o caso da planta de gas de Reganosa, as canteiras do Caurel ou as tramas inmobiliarias como a descuberta recentemente en Mugardos, entre outros moitos.
É tal vez polo papel activo en defensa do estado de dereito que como candidato á alcaldía por unha forza política democrática non fun convidado a participar, malia reclamalo públicamente, en ningún dos dezasete debates electorais organizados na cidade, con organizadores tan variopintos como medios de comunicación, asociacións de veciños ou a propia Asociación da Prensa. Nun sistema que consagra o pluralismo político como valor superior do seu ordenamento xurídico, algúns partidos e representantes somos excluídos deliberadamente das preguntas das enquisas ou se nos nega o uso de locais, literalmente, porque os solicita "un comunista".
Se alguén mide a democracia pola liberdade política, falamos desa forma de goberno onde os resultados electorais dependen en gran medida da cantidade de millóns investidos en propaganda, a información política garda proporción coa contía do investimento en anuncios nos medios que informan e os candidatos son dados a coñecer se din o que se quere oír e non o que queren transmitir.
Con este panorama é normal o desprestixio da política, dos partidos e dos seus "profesionais", aínda que todos paguemos as consecuencias por igual. A alternativa, a voz discrepante, quen chama ás cousas polo seu nome é borrado do mapa, pero é responsabilizado en idéntica medida. Dáse a paradoxa de que somos acusados dos mesmos vicios políticos e as deficiencias democráticas que como forza política sufrimos día a día.
A democracia dos demócratas de toda a vida está baseada na ditadura do mercado e nos dereitos da empresa, non da cidadanía. Pero non sempre foi así e non sempre será así, porque é un feito obxectivo que o mundo cambia e se transforma e que o pobo, outra palabra tan esquecida como a ética, recuperará os seus auténticos dereitos e o significado real do concepto Democracia, con maiúsculas. Máis cedo que tarde sen repouso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario