martes, 4 de diciembre de 2007

A delegación na entrada do Parlamento Europeo

UNHA DELEGACIÓN DE EU-IU PRESENTA DIVERSAS INICIATIVAS NO PARLAMENTO EUROPEO.
EU-IU presentou unha denuncia contra REGANOSA

O secretario de Política Institucional de Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, encabezou o pasado 27 de novembro unha delegación de Esquerda Unida ao Parlamento Europeo, na que tamén viaxaban como invitados varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia de Ferrol. Dita delegación, composta por trinta persoas, permaneceu dous días na cidade belga onde presentou unha denuncia contra a planta regasificadora de Reganosa e solicitou o nomeamento e constitución dunha Delegación especial da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para comprobar e evaluar os reiterados incumprimentos tanto en materia de seguridade como medioambientais da planta. Portomeñe compareceu en roda de prensa co eurodeputado de IU, Willy Meyer, e cos membros do CCE de Ferrolterra, Eliseo Zaera e Luz Marina. Xunto coa petición de EU-IU presentáronse outras dúas do Comité Cidadán de Emerxencia e da Cofradía de Pescadores, que serán tramitadas a través do Grupo Confederal de la Izquierda Unitaria Europea/Izquierda Verde Nórdica.

Roda de prensa

A presentación da petición contou coa presencia e apoio de deputados do Grupo Confederal de la Izquierda Unitaria Europea/Izquierda Verde Nórdica, en concreto a Vicepresidenta do grupo, Ilda Figueiredo, do Partido Comunista Portugués e o membro de Rifondazione Comunista de Italia, Roberto Musacchio, quen se comprometeu a poñer en contacto aos afectados da planta de gas no interior da ría de Ferrol cos afectados por unha causa semellante en Livorno (Italia).

Ao final da roda de prensa, Willy Meyer amosou o seu compromiso para procurar unha solución definitiva ao problema de REGANOSA que cumpra coa lexislación europea e garanta a calidade de vida dos veciños/as de Ferrolterra.

Tamé se presentaron iniciativas relacionadas co vertedoiro incontrolado de Ames, a depuradora de Vigo e a nova ponte sobre o Miño en Lugo, entre outras.


Co embaixador de Venezuela, Alejandro Fleming


Willy Meyer, Mohamed Sidati e Portomeñe


Pola noite, a delegación celebrou unha cena na que participaron Alejandro Fleming, embaixador da República Bolivariana de Venezuela ante a Unión Europea, e o poeta saharahui Mohamed Sidati, ministro delegado para Europa da RASD e membro do Secretariado Nacional do Frente Polisario. O embaixador venezolano xa celebrara un encontro coa delegación unha vez finalizada a roda de prensa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario