ESQUERDA UNIDA REINAUGURA A SÚA SEDE COMARCAL
A Agrupación local de Esquerda Unida en Lugo reinaugura a súa sede política logo de realizar profundas reformas iniciadas tralas eleccións autonómicas celebradas no mes de marzo. A pesar destas obras, EU-IU seguiu realizando nestes dous meses unha contínua actividade política, centrada especialmente na política municipal a través de propostas, denuncias e alternativas, o traballo nos movementos sociais da cidade ou o funcionamento da súa páxina web.
Ao acto de inauguración están invitados militantes, simpatizantes, amigos, así como representantes de diversos movementos sociais da cidade e medios de comunicación. Dito acto enmárcase no proceso de consolidación e fortalecemento do proxecto de Esquerda Unida na cidade de Lugo.
Izquierda Unida é un proxecto federal en alza trala celebración da IX Asemblea federal en novembro de 2008, cando se escolleu como novo coordinador xeral a Cayo Lara. En Lugo, Esquerda Unida aumentou en número de votos nas tres últimas citas electorais (municipais, xerais e autonómicas) e encara con confianza e optimismo un novo ciclo que culminará no proceso de refundación que a organización aprobou realizar dentro dun ano. Esquerda Unida afronta un novo periodo marcado pola acentuación da actividade municipal e a mobilización social de cara á construcción dunha alternativa real ao modelo económico capitalista, actualmente en crise profunda.
Esquerda Unida de Lugo enmarca a reinauguración da súa sede na necesidade de construir unha alternativa política anticapita lista, republicana e fedederalista, fronte a ausencia absoluta de alternativas que combatan a corrupción, a especulación urbanística, a precariedade, o paro, o desmantelamento dos sectores produtivos ou a actual carencia de oposición no Concello. Neste sentido, EU-IU retoma con forza unha marcha que a bo seguro lle conducirá de novo ao pleno municipal, para ser a voz da cidadanía e os movementos sociais. Cidadanía e movementos que hoxe por hoxe están abandonados polas institucións en beneficio dos intereses duns poucos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario