
A POLÍTICA AGRARIA COMÚN DEBE ESTAR DIRIXIDA A MANTER OS EMPREGOS E GARANTIR A SOBERANÍA ALIMENTARIA
Outra agricultura e gandería non so son necesarias senón tamén posibles
Esquerda Unida resalta a relevancia das eleccións europeas no futuro dos sectores agrícola e gandeiro, e en concreto do sector lácteo tan de actualidade. De feito, as decicións que afectan a ditos sectores tómanse directamente na UE.
Nese sentido, Esquerda Unida manifesta ou seu rexeite á reforma da Política Agraria Común (PAC) aprobada en novembro de 2008, que pretende avanzar na liberalización da agricultura. Hoxe, máis que nunca, a Agricultura converteuse en puro mercado e especialmente mercado mundial; as transnacionais orientan o proceso de aprofundamento das políticas neoliberais ata o extremo en materia agraria e alimentaria.
Para EU-IU a Política Agraria Común (PAC) debe estar orientada a unha agricultura e unha gandería sostibles e solidarias, produtoras de alimentos sans e de calidade; DEBE ESTAR DIRIXIDA A MANTER OS EMPREGOS cun número suficiente de agricultores e gandeiros, unha agricultura repartida sobre todo o territorio e na que os agricultores e gandeiros poidan retribuír o seu traballo con prezos remuneradores polos produtos vendidos.
A UE é excedentaria de leite e cobre de sobra as súas necesidades de leite e produtos lácteos. A UE exporta o 10% do leite que produce: o dobre da cuota láctea de toda España. Sen embargo, España é deficitaria en leite e produtos lácteos. Xa que logo, que resolve o aumento de cuotas na UE?. A UE non necesita máis cuota. Necesita recentrar a produción: vinculala ao territorio, relocalizala. Esta situación non obedece a condicionantes "inevitables" ou "imparables". Precísase actuar con urxencia diante da desaparición das ganderías de leite e frear a concentración da produción de leite en poucas explotacións e pouco territorio. A desaparición de explotacións non permite mellorar a renda daqueles que permanecen na produción.
A política agraria debe de garantir en Europa os seguintes obxectivos:
-  a soberanía alimentaria,
-  o mantemento das explotacións e a instalación de gandeiros / produtores,
-  a renda dos gandeiros /produtores,
-  a relocalización da agricultura / as produccións e dos instrumentos de transformación,
-  o mantemento da actividade agrícola como actividade económica e social nas zonas desfavorecidas.
E para iso precísase dunha política leiteira definida, enmarcada eorientada polos poderes públicos que garantan aos produtores:
-  A cantidade de leite a producir (referencia leiteira-cota)
-  A recollida da produción
-  As condicións dunha remuneración xusta.
-  Dunha política de instalación de mozos
-  Unha política de protección en fronteira e de intervención pública (almacenamento público), así como de erradicación do dumping á exportación.
-  Unha política de prezos remuneradores, tendo en conta os custos de produción e a remuneración do traballo.
-  Unha política de compensación dos"hándicaps" naturais (zonas de montaña).
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario