viernes, 19 de junio de 2009

Cayo Lara (Coordinador Xeral de IU) visita Lugo dentro da campaña "1.000 actos contra a crise".

aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaLara escoitou as reivindicacións do colectivo que critica a
aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaurbanización contigua ás costas do Parqueaa | Ó. CELA

Cayo Lara lembra a polémica de Seseña ó criticar o plan para Fixós

O coordinador xeral de IU di que o negocio non está no campo de golf sinon na edificabilidade prevista.

Enrique G. Souto
19/6/2009
O coordinador xeral de Izquierda Unida, Cayo Lara, dixo onte en Lugo que a crise económica que vive España «está fundamentada nun modelo de desenvolvemento urbanístico especulativo» no que, ao seu xuízo, encádrase o planeamiento urbanístico que prevé a conversión de 500.000 metros cadrados de solo que no PXOM inicial figuraban como rústicos e que no provisional son solo urbanizable delimitado. «O negocio -agregou- non está no campo de golf senón nos chalés e noutras cousas». Lara visitou onte por primeira vez Lugo en calidade de máximo responsable de Izquierda Unida e fíxoo no marco da campaña dos mil actos para explicar as súas propostas contra a crise.

A presentación de Lara correu a cargo do responsable de EU en Lugo, Carlos Portomeñe. Comezou recordando que no seu momento, Lara, como responsable do partido en Castilla-La Mancha, opúxose tenazmente á polémica urbanización de Seseña (Toledo) promovida polo Pocero. Recordou tamén as iniciativas que desenvolven para parar a cualificación de 500.000 metros cadrados de solo como urbanizable na contorna do campo de golf de Lugo, en Fixós. Di que os partidos con representación no Concello teñen que dar explicacións de por que gardan silencio sobre este asunto.

Lara, pola súa banda, destacou que o realmente necesario son vivendas públicas «e non segundas residencias». Citou o artigo da Constitución que recoñece o dereito dos españois a unha vivenda digna.

Crise

Con respecto á crise, o coordinador xeral de Izquierda Unida afirmou que as medidas adoptadas polo Goberno atenuaron a caída vertixinosa do emprego, pero non resolveron o problema. Criticou tamén a actual política comunitaria, defendeu a «soberanía alimentaria» e dixo: «Non podemos cargarnos a cabaña gandeira».

En canto ás receitas de IU contra a crise, citou entre outras a creación dun plan estatal para o emprego, en colaboración cos concellos, dotado con 6.800 millóns. Cada beneficiario do citado plan recibiría 700 euros e dedicaría 25 horas da xornada laboral a traballar e 10 a formación. Igualmente, IU propón un plan de investimento en obra pública e outro en vivenda.

Lara criticou a subida de impostos indirectos como os que afectan á gasolina e ao tabaco. «Non entendemos que se sigan aumentando os impostos indirectos, porque non é o mesmo Botín que o comercial que necesita o coche todos os días para traballar», declarou o líder de IU.

Lara asegurou que o que di o presidente Zapatero sobre a crise ten pouca credibilidade; non cre que se tocara fondo, porque, ao seu xuízo, ningún dato corrobora tal situación.

Corrupción

O coordinador xeral de IU lamentou que a pasada campaña para as eleccións europeas estivese protagonizada en gran parte polos casos de presunta corrupción. «Hai que deixar traballar á Xustiza», manifestou Cayo Lara. Onte reuniuse con responsables sindicais e de colectivos sociais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario