lunes, 29 de junio de 2009

Comunicado de IU contra o golpe militar en Honduras

IU condena o golpe militar en Honduras e chama aos españois a expresar mañá a súa repulsa e solidariedade co presidente Zelaya ante embaixadas e consulados.

IU afirma que a OEA e o ALBA teñen a obrigación de tomar medidas e restaurar a orde constitucional e democrática en Honduras.
Francisco Pérez Esteban, Secretario de Solidariedade Internacional e Dereitos Humanos de IU manifestou "a máis clara e contundente condena do golpe militar en Honduras e do intento ilegal de destitución e substitución do presidente Zelaya por calquera outro político, que non fora elixido polo pobo e que só será un farsante e un pelele dos militares".

Protestas ante consulados e embaixada.
"IU", explicou Francisco Pérez, "fai unha apelación á solidariedade internacional dos españois con América Latina, e realiza un chamamento á sociedade española para que se manifeste mañá ás sete da tarde ante a embaixada e os consulados de Honduras en toda España".

"É preciso que urxentemente", dixo o Secretario de Solidariedade Internacional de Izquierda Unida, "as forzas políticas e sociais maniféstense contundentemente e mobilicen masivamente polo restablecemento da legalidade democrática en Honduras, para parar canto antes a represión do golpe militar, represión que non podemos coñecer apenas porque os medios de comunicación, a electricidade e as liñas telefónicas están cortadas en Honduras".

Incomunicación con Honduras
Izquierda Unida tentou comunicarse con amigos e dirixentes da Esquerda dese país, comunicou Francisco Pérez, "e non é posible porque non hai liña telefónica de ningún tipo, estamos por tanto moi preocupados pola posible represión e detención en Honduras de dirixentes sociais e políticos democráticos, pois tal e como a prensa interternacional está a informar, tanquetas militares tomaron as rúas e verificáronse resistencia, manifestacións e protestas populares a favor de Zelaya e da democracia".
Neste sentido, engadiu Pérez, "Movistar-teléfonica, que ten concesión deste servizo en Honduras, debería informar en Madrid á comunidade internacional con trasparencia do que sabe respecto do que pasou, e se a compañía foi obrigada a suspender as liñas polos militares golpistas debe dicilo con claridade, aínda que nos parece evidente". Respecto ao secuestro do presidente e ao golpe militar, Pérez expresou que "xa non estamos na guerra fría, e os militares golpistas terán, máis pronto que tarde, que enfrontarse á xustiza hondureña ou internacional na súa falta, e responder non só polo delito de rebelión militar contra o presidente democrático legalmente elixido polos hondureños, senón polo secuestro e agresión aos embaixadores de Cuba, Venezuela e Nicaragua, que viola as normas diplomáticas mínimas e o dereito internacional".

Obama, a UE, o ALBA e a OEA.
Francisco Pérez informou de que o seu grupo parlamentario no Congreso e o Senado, a través de Gaspar Llamazares e Joan Josep Nuet, solicitou esta tarde ao resto dos grupos un pronunciamiento da Comisión de Asuntos Exteriores de condena do golpe en Honduras que está agora mesmo negociándose. Así mesmo, Pérez informou de que Willy Meyer estaba a realizar xestións para un posicionamento moi duro do Parlamento Europeo.

"Estamos convencidos ademais de que o intento golpista está condenado ao fracaso e ao illamento internacional se Obama e EEUU, a UE e a OEA manifestan a súa condena rotunda e non apoian esa insensatez, e neste sentido", engadiu Francisco Pérez, "IU solicita e espera nas próximas horas do goberno español e do norteamericano unha condena máis enérxica do que escoitamos até agora e máis explícita de repulsa absoluta ao golpe".

Así mesmo, a xuizo de EU, "Fonduras quedará nun illamento comercial con Europa e quedará fóra automaticamente dos países centroamericanos que negocian acordos comerciais coa UE, actualmente en fase de rolda de negociación, pois a UE non pode violar a súa claúsula democrática e negociar con ditaduras ou pseudodemocracias absolutamente nada".

Respecto ó ALBA e a OEA, IU afirmou que "teñen a obrigación de restaurar a orde constitucional e democrática en Honduras, e poden tomar medidas contundentes de presión polos acordos que lles vinculan, e por citar dúas vías, poden decidir un bloqueo comercial ou aeroportuario que poderían aplicarse inmediatmente. Neste sentido, o secuestro dos embaixadores parece unha provocación". A claúsula democrática da OEA tamén deixaría fóra deste organismo a Honduras.

Ante esta flagrante violación da orde constitucional por parte dos militares, no que é un novo Golpe de estado en Latinoamérica, o Partido Comunista de España, Izquierda Unida e a UJCE convocaron para mañá luns 29 de xuño ás 19h fronte á Embaixada de Honduras en Madrid (C/ Rafael Calvo 15 – Metro IGREXA) a unha concentración en defensa da democracia en Honduras, e pola inmediata posta liberdade do presidente Manuel Zelaya.

No hay comentarios:

Publicar un comentario