martes, 16 de junio de 2009

EU pide á Xunta que ordene o Concello deixar como rústico o solo que prevé urbanizable en Fixós.

E.G.S.
17/6/2009

O grupo local de Esquerda Unida rexistrará esta mañá un escrito dirixido ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, no que lle solicita que ordene ao Concello de Lugo volver cualificar como solo rústico cincocentos mil metros cadrados en Fixós, nas inmediacións do campo de golf, que na aprobación provisional do PXOM aparecen como urbanizables.

O portavoz de Esquerda Unida de Lugo, Carlos Portomeñe, confirmou que esta mañá presentará no rexistro da Xunta a solicitude á que xa aludira cando difundiu que máis de 500.000 metros cadrados que na aprobación inicial do PXOM figuran como solo rústico (protección agropecuaria e forestal) convertéronse en urbanizable na aprobación provisional do citado plan. Esquerda Unida pretende, co indicado escrito, que a Xunta, da que nestes momentos depende a aprobación definitiva da PXOM, non dea este paso ata que o Concello volva cualificar a indicada superficie como figuraba no documento aprobado inicialmente e que estivo exposto ao público.

O mesmo partido sostén que o citado cambio, que rexeita de plano, é motivo máis que suficiente para unha nova exposición ao público do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Máis iniciativas

Unha vez dado o citado paso, EU prepara outras iniciativas para impedir que finalmente na aprobación definitiva do plan se manteña a actual catalogación como urbanizables de 500.000 metros cadrados que aparecían como rústicos inicialmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario