lunes, 6 de julio de 2009

Esquerda Unida plantexa melloras na Web do Concello

Ultima información dos Plenos publicada.

EU-IU SOLICITA DO GOBERNO MUNICIPAL MELLORAR A INFORMACIÓN RELATIVA AOS PLENOS NA SÚA PÁXINA WEB

Esquerda Unida detectou nas últimas datas que na páxina web do Concello non está a funcionar correctamente a información relativa aos Plenos, incluída na área de Organos Municipais. En concreto, faltan a orde do día e as actas do Pleno de Xullo (Luns, 29/06/2009), así como as actas dos Plenos do mes de Maio (ordinario, 04/05/2009) e Xuño (Luns, 01/06/2009).
Por outra banda, xa foron varios os colectivos e cidadáns a título particular que nos transladaron queixas en relación a que non están a recibir ningunha información por parte do Concello en relación ás novas, eventos e plenos aos que se subscribiron cando se rexistraron como usuarios da web.
En Esquerda Unida entendemos que o non xestionar en tempo e forma a información que se publica na páxina do Concello relativa aos Plenos, supón unha traba e un impedimento para a participación dos cidadáns e do tecido asociativo nos temas de actualidade política da nosa cidade. O simple feito de publicar con dous días de antelación aos Plenos as ordes do día, permitiría a calquera cidadán asistir a aqueles debates que foran do seu interés. De non poder asistir, tamén poderían consultar a través dos videos dos Plenos aqueles puntos do seu interés que previamente consultasen nas Actas.
En relación a estos feitos, Esquerda Unida solicita da Corporación Municipal:
- Que se publiquen en tempo e forma as Ordes do día e as Actas de todos os Plenos que se celebren xa sexan Ordinarios ou Extraordinarios.
- Que todos aqueles usuarios que se rexistraron na Web do Concello e solicitaron recibir información relativa ás Novas, Eventos e Plenos, se lles notifique dacordo á solicitude que fixeron no momento da alta.
- Que se estudie na Comisión oportuna a inclusión de novas canles temáticas na Páxina do Concello, ás que os usuarios se poidan subscribir, e que axuden a dinamizar e potenciar a participación cidadá nas tomas de decisións políticas da cidade, asi como plantexar queixas, suxerencias, etc...

No hay comentarios:

Publicar un comentario