sábado, 11 de julio de 2009

García Rubio advirte de que “a ‘pinza económica’ PSOE-PP para sacar adiante o FROB pode reeditarse nunha futura reforma laboral”

O responsable federal de Economía e Traballo de IU sinala que a aprobación do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria evidencia que as liñas básicas do plan económico de Rodríguez Zapatero pasa por "máis diñeiro para os bancos e escasa axuda para os parados, autónomos e pequenos empresarios".

O secretario federal de Economía e Traballo de Izquierda Unida, José Antonio García Rubio, advertiu de que a convalidación no Congreso coa suma de votos do PP e PSOE do Decreto polo que se crea o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) "demostra ás claras como estes dous partidos están a aplicar unha tremenda 'pinza económica' contra os intereses dos traballadores e os seus dereitos de toda índole. Moito nos tememos que esta 'pinza' teña a súa continuación nunha próxima reforma laboral, vista a condescendencia que o Goberno socialista mostra coa CEOE e coas propostas conservadoras na Mesa do diálogo social".

Para García Rubio, "non resulta sorprendente o apoio do PP á medida exposta polo Goberno.
Últimamente todas as propostas económicas regresivas que aproba o Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero reciben a axuda parlamentaria da dereita ao comulgar cos seus mesmos intereses".

Para o dirixente federal de IU, "a convalidación do FROB significa que o Goberno prefire destinar os limitados recursos públicos a axudar aos bancos, mentres nega un apoio significativo aos centos de miles de traballadores que esgotaron xa todas as prestacións por desemprego. Ademais deles, se alguén necesita hoxe axudas ademais de liquidez para poder realizar o seu traballo e manter o emprego non son os bancos, senón os pequenos empresarios e os autónomos".

"Este Fondo -sinala García Rubio-, aprobado dunha forma tan acelerada polo acordo dos dous grandes partidos, pon en mans dos bancos e as caixas 9.000 millóns de euros, que poderían chegar até 90.000 millóns, é dicir, case 10 puntos do PIB, sen contrapartidas. É un plan feito ao ditado dos grandes intereses financeiros deste país e sen que ao Goberno nin ao PP pareza preocuparlles neste caso o déficit e a débeda. Mentres tanto, o Executivo socialista oponse a ampliar a un ano a axuda aos traballadores sen ningún tipo de prestación de desemprego, xa de por se raquítica e meramente asistencial".

Neste sentido, o responsable federal de Economía sinala que "Izquierda Unida presentou unha proposta e deulle forma de iniciativa parlamentaria para crear un Fondo de Emprego/Formación que permitiría proporcionar un emprego a quenes se atopan nesta situación máis crítica de paro, cun salario de 700 euros mensuais compaxinando traballo e un programa de formación. O seu custo non superaría os 6.800 millóns de euros, unha cifra nada desatinada se se compara coas destinadas a este outro fondo".

Ademais, García Rubio explica que "outro dos aspectos máis preocupantes do FROB é a ameaza de privatización encuberta que pende sobre as caixas de aforro, mediante a concesión de dereitos políticos ás cotas participativas. Como se demostrou no caso de Caja Castilla-La Mancha, o Goberno non necesita ese mecanismo para intervir na xestión dunha caixa a través do Banco de España".
"Por tanto -conclúe o dirixente de IU-, é difícil non interpretar esa medida como unha argucia para facilitar a privatización das caixas no momento de transmisión desas participacións. Con iso, o Goberno cede ante as presións dos grandes intereses financeiros. Desde Izquierda Unida nos seguiremos opoñendo a iso, o mesmo que á fusión ou absorción que afecte a caixas de diferentes Comunidades Autónomas, xa que só así se impedirá que as caixas deixen de ser instrumentos para o desenvolvemento rexional controlados desde o público. IU defenderá en todo este proceso todos os postos de traballo do sector".
© 2009. Izquierda Unida Federal. www.izquierda-unida.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario