viernes, 16 de abril de 2010

ESQUERDA UNIDA APOIA AS MOBILIZACIÓNS CONTRA OS TRANSXÉNICOS E PARTICIPARÁ NA MANIFESTACIÓN DO 17 DE ABRIL EN MADRID

EU ESTÁ TOTALMENTE EN CONTRA DOS CULTIVOS TRANSXÉNICOS POLO QUE MANTÉN UNHA POSICIÓN MOI FIRME DE LOITA E OPOSICIÓN AOS TRANSXÉNICOS

ESQUERDA UNIDA PULA POLA POTENCIACIÓN DA AGRICULTURA ECOLÓXICA NA GALIZA, POR SER UNHA FORMA PRODUTIVA RESPETUOSA CO MEDIO NATURAL E A SAÚDE DA CIDADANÍA

Esquerda Unida apoia, como sempre o fixo, calquera iniciativa para impedir que os cultivos transxénicos poidan implantarse en toda a Unión Europea, polo que participara cunha ampla delegación de militantes e simpatizantes na manifestación convocada por Greenpeace e a Plataforma Rural que sairá da madrileña Porta de Alcalá o vindeiro sábado 17 de abril as 11:30 h.

A posición de EU é clara e contundente, estamos totalmente en contra dos cultivos transxénicos, como demostramos en todas as institucións, e mantemos unha posición moi firme de loita e oposición aos transxénicos, porque coñecemos as negativas consecuencias do seu cultivo. En España, onde aproximadamente o 20% do millo producido foi modificado xenéticamente, gran parte da producción tradicional está contaminada por transxénicos, o que chega a facer imposible a coexistencia entre estes cultivos e os tradicionais.

Esquerda Unida está a denunciar a falta dunha política estratéxica orientada a potenciar a agricultura ecolóxica na nosa Comunidade, a inacción do Goberno do PP nesta materia impide o despregue desta forma produtiva respetuosa co medio ambiente e a saúde da cidadanía. No seu lugar, e coa aquiescencia da Administración Autonómica, cada vez toman máis protagonismo os cultivos transxénicos, demandantes dunha gran cantidade de fertilizantes químicos contaminantes e prexudiciais para a saúde dos consumidores.

Esquerda Unida pula por lograr que o a Xunta declare a Galiza territorio libre de cultivos transxénicos e promova, nos ámbitos da súa competencia, a extensión da declaración á totalidade do territorio español, realice as accións necesarias para avaliar os impactos económicos, ambientais ou doutra natureza que o cultivo de transxénicos estea ocasionando sobre o medio ambiente e sobre os cultivadores ecolóxicos e convencionais, e adopte todas as medidas necesarias para reducir a presenza destes cultivos ata a súa erradicación no noso territorio, xa que logo, é responsabilidade de toda autoridade administrativa velar pola seguridade dos consumidores e os dereitos dos agricultores cuxas producións vense contaminadas con variedades transxénicas, cuestión particularmente grave na agricultura ecolóxica.

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario