jueves, 13 de mayo de 2010

EU CONSIDERA QUE OS GRUPOS MUNICIPAIS DO PSOE, PP E BNG MENOSPREZAN AOS LUCENSES COS SEUS SALARIOS

Esquerda Unida está a favor de manter o poder adquisitivo dos empregados públicos e das pensións

EU considera que ás medidas anunciadas onte polo alcalde de Lugo, en aplicación dous recortes aprobados polo goberno central, son un ataque directo aos pensionistas, aos empregados públicos e aos traballadores en xeral. Pola contra, os lucenses que nos levaron á crise, os especuladores do ladrillo, da banca e os seus cómplices políticos presentes nas institucións non sofren nin o máis mínimo ás consecuencias do que xeneraron.
Por descontado, Esquerda Unida está a favor de manter o poder adquisitivo dos empregados públicos e das pensións.
O alcalde e os concelleiros fan un exercicio de cinismo cando presumen de ter conxelados os salarios desde 2008. Resulta obsceno que nunha cidade que ten as pensións máis baixas do Estado (afectadas agora polos recortes) o alcalde gañe en catro días o que un pensionista nun mes. EU esixe que o salario do alcalde e os concelleiros se reduza ata un 30%, e se ratifica en que o alcalde ten en plantillla aos concelleiros da oposición polos desorbitados salarios que recibe toda a Corporación. PSOE e PP comparten as medidas de recorte e o BNG practica a hopocrisía logo de permitir a aprobación dos últimos orzamentos municipais.
Con respecto ás medidas anunciadas polo alcalde, EU oponse radicalmente á redución do salario dos empregados públicos e á súa conxelación, agás os altos cargos e os cargos de confianza. EU tamén se opón á redución de departamentos ou a disminuición do sector público municipal. Neste caso, as reducións só serven para que a actividade sexa desenvolvida polo sector privado, con maiores custos e un control inexistente da eficiencia do gasto.

Esquerda Unida tamén esixe:

- eliminar a figura dos tres delegados non electos existentes na actualidade: Urbanismo, Policía local e Novas Tecnoloxías.

- reducir o personal de confianza dos 18 existentes na actualidade nun mínimo do 50%, en todo caso aos estrictamente necesarios para o funcionamento dos grupos municipais.

- a eliminación de gastos de propaganda institucional e gastos en actos innecesarios e propagandísticos aos que nos ten acostumbrados o alcalde de Lugo (ceas multitudinarias, festas, etc).


http://esquerdaunida-lugo.blogspot.com/2009/12/esquerda-unida-propon-que-os-salarios.html
Propostas presentadas por EU cando se tramitaron os orzamentos municipais en decembro pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario