martes, 26 de abril de 2011

EU RECLAMA MELLORAS INMEDIATAS NO CEIP QUIROGA BALLESTEROS E PIDE A CREACIÓN DUN COLEXIO PÚBLICO NO CENTRO DE LUGO


EU apoia as reclamacións da ANPA e do consello escolar do CEIP Quiroga Ballesteros e reclama melloras urxentes para subsanar as deficiencias que sufre dito centro escolar. Asemade, EU apoia as reivindicacións do colectivo de pais e nais que piden a creación dun colexio público no casco histórico ou nas suas inmediacións e considérano imprescindible para cubrir a demanda educativa e permitir a recuperación do centro da cidade.

Así llo transmitiron Carlos Portomeñe, Ramón Vázquez e outros membros de EU a representantes da ANPA e da plataforma de pais e nais no trascurso da xuntanza que mantiveron a semana pasada.

EU critica a demagoxia dos partidos políticos que prometen a recuperación do casco histórico desde hai anos e non actúan desde as institucións para conquerilo. No caso da oferta educativa pública, a necesaria repoboación do centro da cidade é incompatible coas deficientes condicións do único colexio público existente no casco histórico.

En canto ao número de prazas públicas ofertadas, EU considera impropio dun país desenvolvido que a un distrito escolar lle correspondan unicamente 16 plazas. Isto demostra a necesidade dun novo colexio público no distrito centro da cidade, para o cal existen diversos emprazamentos se existe vontade real por parte das institucións competentes.

AANPA do Quiroga Ballesteros leva tempo reclamando a reparación das deficiencias que presenta o centro escolar, que carece de saída de incendios e posúe reixas nas fiestras da planta baixa. É o único colexio sen servicio de comedor, e non conta con biblioteca nin ximnasio, entre outras deficiencias.

O alumnado do colexio tampouco pode disfrutar de xogos no patio exterior cando chove polas carencias da cuberta. Sen embargo, o alcalde alega dificultades na posibilidade de reformar a cuberta amparándose no PEPRI (Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Muralla). EU denuncia a actitude negativa do alcalde e considera unha burla ao ANPA que o colexio non poida reformar a cuberta e sen embargo o alcalde defendese unha cúpula de 36 metros no edificio de enfrente para construir un auditorio, proxecto que tivo que frear a UNESCO. É posible unha modificación puntual do PEPRI, como se fixo –por certo, sen informar a ICOMOS, incumplindo as normas da UNESCO no caso de edificios pertencentes á zona tampón da muralla: sanatorio Virxe dos ollos grandes ou Reitorado da USC, por exemplo.

A renuncia a atender as demandas da ANPA e dirección do CEIP Quiroga Ballesteros contrasta coa permisividade institucional respecto a outros centros privados concertados que dispoñen de aparcamentos en zona peonal, gozan de beneficios diversos ou mesmo ocupan unha praza pública como patio de xeito ilegal. Nestes feitos trascende o paulatino deterioro e abandono do ensino público en beneficio do ensino privado e privado-concertado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario