martes, 17 de mayo de 2011

A CANDIDATURA DE EU SAIU ÁS RÚAS EN BICICLETA PARA PRESENTAR AS SÚAS PROPOSTAS DE MOBILIDADE

 

EU en bici 1EU en bici

Ramón Vázquez e Isabel Sánchez, números 2 e 3 da candidatura de EU

 

Os candidatos e candidatas de Esquerda Unida presentaron as súas propostas de mobilidade para recuperar a cidade para os peóns e gañarlle espazos ao vehículo privado.

O candidato á alcaldía, Carlos Portomeñe, sinalou que EU realiza na práctica o que os demais dicen na teoría, e criticou que a pesares de prometer durante anos o carril bici, se fagan obras importantes como as da Avenida de Madrid, e se urbanicen San Fiz ou Abella sen aproveitar para a súa construcción.

Portomeñe destacou o compromiso de EU co uso da bicicleta e o transporte público, e sinalou que por iniciativa de IU cidades como Sevilla dispoñen de 320 quiómetros de carril-bici. O programa de Esquerda Unida propón para Lugo unha rede de carril-bici e itinerarios seguros que sirvan de alternativa ao uso do vehículo privado.

Asemade, EU aposta polo transporte público colectivo e de calidade, coa recuperación da concesión do autobús urbano para facelo de novo público, maiores frecuencias de paso e a creación de novas rutas, así como a construción de aparcamentos colectivos disuasorios, evitando as macro obras.

EU insiste ademais na peatonalización do recinto amurallado, unha proposta xa clásica desde as primeiras eleccións en1979, e que reivindica para recupar o centro urbano para os peóns.

O programa de EU propón tamén a creación dunha rede de tranvía que nun primeiro itinerario uniría Garabolos con a Avenida de Madrid e rodearía a muralla. O tranvía permitiría gozar dun auténtico medio de transporte colectivo, cómodo e ecolóxico, que tamén serviría como reclamo turístico. Esta proposta foi unha das conclusións da Axenda 21, consensuada por decenas de colectivos e organizacións da nosa cidade.

Portomeñe destacou a importancia da participación cidadá para o deseño dun Plano de Mobilidade consensuado pola cidadanía en xeral, o movemento asociativo, organizacións e colectivos profesionais.

En definitiva, dixo Portomeñe, converter Lugo nunha cidade europea desde a perpectiva da mobilidade.

1 comentario:

  1. Comparto moitas das vosas propostas en canto a mobilidade en Lugo. Habería que recuperar o plano de mobilidade que deseñaron por encargo do Concello, un documento moi interesante, sobre o que traballar e debater e que está paralizado por falta de vontade política do actual alcalde, demasiado caro custou para que estea olvidado nun caixón do consistorio (desapareceu da web do Concello). Por certo, sodes a única forza política que fala específicamente de recuperar a concesión do transporte urbano que caduca en 2013, creo que dades no cravo e acertades plenamente na raíz do problema do transporte público urbán en Lugo e vos felicito por elo, xa está ben de subvencionar un mal servicio que perde viaxeiros ano a ano e a unha empresa como AULUSA (Monbus) que se lucra a conta do erario público (a renovación da flota de autobuses a paga o Concello, algo inaudito cando é un servicio privatizado) gañando máis canto peor xestiona o transporte.
    Por un Lugo accesible, e unha mobilidade sostible, contade conmigo o 22 de Maio.
    Saúdos dun lugués de a pe.

    ResponderEliminar