miércoles, 8 de junio de 2011

A ASEMBLEA LOCAL DE LUGO CONSIDERA POSITIVO O RESULTADO ELECTORAL PERO INSATISFACTORIO

 

Con 1.648 votos EU duplica os acadados en 2007 e obtén os mellores resultados desde 1999

A Asemblea local de EU-Lugo reuniuse para analizar en profundidade os resultados electorais do pasado 22 de xuño. No seu transcurso analizáronse, ademais dos resultados, os acertos e os erros cometidos, as variables externas e internas, así como un acontecemento de tanta repercusión como o 15-M, do que forma parte desde o primeiro momento unha boa parte da militancia de EU.

A Agrupación local de EU Lugo agradece, en primeiro lugar, aos/ás votantes o seu apoio e o seu voto, en particular aos centos de persoas que votaron EU por vez primeira, reafirmando o firme compromiso de EU de que na acción atoparán unha forza que sempre cumpre a súa palabra e coa que coincidirán na loita social pola igualdade, a xustiza e a solidariedade. Un agradecemento que a Agrupación fai extensivo aos candidatos e candidatas, aos activistas e á militancia que co seu traballo e a súa xenerosa contribución fixeron posible este resultado.

EU valora positivamente o resultado acadado (1.648 votos; 3,20%) que duplica os votos e a porcentaxe de 2007, pero considérao insatisfactorio por canto non chega para obter representación no Concello. Son os mellores resultados desde 1999 cando había tres concelleiros.

A Asemblea destacou os numerosos votos en branco (1.605; 3,11%) e nulos (1.013; 1,92%) que se produciron, con porcentaxes que sumarían unha concellería. A subida dos votos en branco con respecto a 2007 (1,81% en 2007) é moi importante e perxudica claramente a EU. Os votos en branco contabilizan como válidos e elevan o número de votos necesario para acadar a barreira legal do 5% que se esixe para obter representación. O voto en blanco, pretendidamente de castigo, favorece polo tanto aos grupos maioritarios e reforza o bipartidismo.

EU destaca a merma da democracia na nosa cidade, moi visible nos procesos electorais. Amparándose na existencia de tres partidos na corporación se negan os dereitos da cidadanía lucense á información e dos partidos políticos a competir en igualdade de condicións co resto das candidaturas.

EU sufriu un apagón informativo sin precedentes durante a campaña e a precampaña electorais. Un apagón moi relacionado con ser a única forza que denunciou a corrupción existente na cidade de Lugo, tendo en conta que algún medio de comunicación non é alleo a determinados intereses. Xusto é dicir que EU desexa agradecer a Radio Lugo o seu tratamento riguroso e democrático. Radio Lugo, e en menor medida La Voz de Galicia, foron os únicos medios que cubriron a campaña electoral de EU, aparte dunha entrevista en Telelugo.

Non foi o único ámbito de exclusión. Tamén se apartou a EU de debates electorais como os organizados pola Asociación da Prensa, a UNAVE ou o Clube Valle-Inclán. Neste aspecto, EU xa sinalou durante a campaña que estas eleccións son un punto de inflexión e que as reivindicacións democráticas esixen cambios reais para que os procesos electorais non perdan a baixa lexitimidade que hoxe teñen.

A Agrupación de EU Lugo manifesta a súa vontade de cumprir coa responsabilidade de responder á confianza depositada por 1.648 lucenses. Con un sistema electoral máis xusto, este número importante de lucenses terían representación. Por elo, establécense como prioridades a necesidade de ampliar a propia rede de comunicación, a implicación nos problemas fundamentais da cidade e a extensión do traballo cos movementos sociais, colectivos e cidadanía en xeral, aspectos que no último periodo foron claves para o crecemento organizativo e electoral de EU en Lugo.

EU demostra que é a esquerda alternativa que medra electoralmente e acada o 4,46% do voto nas sete grandes cidades de Galicia, entrando no Concello da Coruña (6,01%) e quedando ás portas no de Vigo (4,53%).

Nun documento .pdf engádense os resultados de EU por mesas. Estes resultados amosan que EU é unha forza con incidencia en puntos importantes da cidade, acadando porcentaxes superiores ao 5% en 10 mesas e ao 4% en 31 mesas. A seguinte tabla reflicte as mesas con maior porcentaxe de votos por orden de resultados:

 

Mesas

No hay comentarios:

Publicar un comentario