EU PRESENTA A SÚA CAMPAÑA CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO 
DE AUGAS
Esquerda Unida aproveitou o día dos inocentes para 
presentar a campaña contra a privatización do ciclo completo da auga. O goberno 
municipal renunciou finalmente a levar hoxe a Pleno a constitución da nova 
empresa mixta pero segue adiante co proxecto. Semella unha mala inocentada de 
fin de ano. Pero non o é.
Centos de monigotes co lema "O Concello privatiza 
o servizo de augas. Non sexas inocente!" encheron o casco histórico de Lugo ata 
que "misteriosamente" desapareceron por orde dos que dirixen a institución 
municipal. Non é a primeira vez que sucede que a propaganda contraria aos seus 
intereses políticos desaparece na nosa cidade.
A campaña desenvolverase nos vindeiros días e 
inclúe a recollida de sinaturas de persoas e colectivos opoñéndose á 
privatización, así como contactos con sindicatos, asociacións veciñais, 
organizacións e colectivos para explicar a situación e a postura contraria de 
EU. Ademais, EU editará e distribuirá miles de boletíns explicando a intención 
do goberno municipal de deixar en mans da empresa privada a xestión de todo o 
ciclo da auga.
A privatización forma parte do acordo de goberno 
entre o PSOE e o BNG, que contempla a creación dunha "empresa mixta para o ciclo 
da auga". Estes dous partidos din representar a esquerda e privatizan como a 
dereita, abríndolle paso coas súas políticas. De feito, o Partido Popular opta 
pola concesión a unha empresa privada, é dicir, outra fórmula de 
privatización.
Texto 
díptico
O GOBERNO MUNICIPAL PRIVATIZA O 
SERVIZO DE AUGAS
PARECE UNHA MALA INOCENTADA DE FIN DE 
ANO. PERO NON O É
NON SEXAS INOCENTE!
O Goberno municipal está acelerando os trámites para 
privatizar o servizo de augas no ano 2012. A privatización forma parte 
do acordo de goberno entre o PSOE e o BNG, que contempla a creación dunha 
"empresa mixta para o ciclo da auga". Estes dous partidos que din representar a 
esquerda privatizan como a dereita, abríndolle paso coas súas políticas. De 
feito, o Partido Popular opta pola concesión a unha empresa privada, é dicir, 
outra fórmula de privatización.
¿Qué é unha empresa mixta?
É aquela que non é privada na súa totalidade porque parte do 
diñeiro que necesita para financiarse provén das arcas municipais. 
Trátase dunha entidade mercantil suxeita ao Dereito Privado.
¿Que é o "ciclo completo da auga"?
Todas as instalacións (as de captación de auga dos ríos, de 
tratamento da auga, de elevación e bombeo, de almacenamento, de distribución, os 
contadores, o saneamento, os tanques de tormentas e a nova depuradora), así como 
a xestión de abonados e facturación.
En EU temos a firme convicción de que a auga é un ben común, de 
que o acceso á agua é un dereito humano inalienable, e de que a agua non se pode 
privatizar nin comercializar. Polo tanto, A xestión da agua debe ser pública e 
de base comunitaria. O PSOE e o BNG non 
aportan un so argumento lóxico para privatizar o ciclo da auga.
1. Descartan a empresa totalmente municipal «porque o sector 
público ten unha serie de corsés á hora de tomar decisións».
Non é certo.
Desde o ámbito municipal e con cartos públicos poidéronse 
mellorar o servizo e as infraestruturas, ¿porque se privatiza a súa xestión unha 
vez feitas as inversións e as melloras que aínda están en marcha?
A modernización das infraestruturas supuxo a inversión pública 
de millóns de euros para traída, saneamento, etc, incluíndo os 44,5 millóns da 
nova depuradora (EDAR). Aínda está pendente de execución a terceira fase que 
costará máis de 10 millóns de euros públicos, é dicir, cartos de todos e todas. 
Nada se gaña en termos sociais, laborais e de calidade do 
servizo cunha privatización. 
2. O concelleiro de Medio Ambiente Lino González, do PSOE, di 
que o goberno local opta pola privatización para "incorporar os criterios 
profesionais dunha empresa, pero coa participación maioritaria do Concello para 
asegurarse o control da empresa". O BNG sostén que garante "o carácter público 
da empresa"
Non é certo.
O goberno municipal traspasa a xestión da empresa de augas 
a unha concesionaria privada, que a xestionará con arreglo ao dereito privado 
e co ollo posto en exclusiva nos beneficios económicos.
O Concello terá o 51% e participará na Xunta Xeral da 
empresa como un socio máis, pero non a Corporación. Serán uns políticos moi 
concretos os que cobrarán por pertencer á Xunta Xeral e aos órganos de 
administración da empresa. Por non falar dos casos de enchufismo na futura 
plantilla de traballadores.
3. A concelleira de Infraestructuras Paz Abraira, do BNG, 
sinala que coa privatización "se pretende mellorar o servizo aos 
lucenses".
Non é certo.
A privatización do servizo de augas non obedece a razóns 
de eficiencia.
Todo o contrario. A privatización é unha fonte constante de 
problemas, desde os seus trámites iniciais ata o desenvolvemento da 
xestión: o primeiro ano subirá o recibo da auga un 22%, prestará 
peores servizos, haberá conflictos para o cumprimento do contrato 
e especialmente os laborais, falla de transparencia, etc.). 
Coa privatización, a realmente favorecida é a empresa de 
turno que se beneficia dun negocio sen riscos e con altas tasas de gañancia. 
Ademais, dificulta o control municipal e impide a participación 
cidadá na xestión da auga. 
4. Como en todas as privatizacións, cando hai beneficios 
lévaos a parte privada e cando hai perdas páganse cos cartos de todos e todas. 
As condicións de creación da empresa garántenlle un negocio si ou si: se a 
empresa presenta perdas anuais debe cubrilas o Concello; se a empresa presenta 
beneficios, embolsa os cartos no peto.
5. Ademais, a participación da empresa privada faise a 
cambio dun canon de moi dudosa legalidade, que en realidade é un préstamo a 
devolver polo Concello. Por suposto, a empresa renuncia a criterios de 
carácter social e sustentabilidade pola tentación de facer caixa.
Queremos que sexan as veciñas e veciños os que decidan que 
modelo de xestión da auga e do saneamento queremos para Lugo. 
POR UNHA XESTIÓN SUSTENTABLE, SOCIAL E PARTICIPATIVA DO SERVIZO 
DE AUGA E SANEAMENTO. 
PORQUE A AUGA ÉUN BEN PÚBLICO FUNDAMENTAL, NON UN NEGOCIO.
PORQUE A AUGA É COUSA DE TODAS E TODOS.
PAREMOS A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE 
AUGAS!
 
 


 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario