Esquerda Unida participou na celebración do
1º de maio, Día da Solidariedade Internacional dos Traballadores e das
Traballadoras baixo o lema "1º DE MAIO DE MOBILIZACIÓN E LOITA POLO EMPREGO, OS
DEREITOS LABORAIS E OS SERVIZOS PÚBLICOS". Un 1º de Maio reivindicativo no que
nos enfrontamos ao ataque máis brutal e antidemocrático que sufrimos en moito
tempo, cun goberno que aproba medidas contra a crise que son só un intento de
rapina sobre os salarios, as conquistas da clase traballadora e os dereitos
sociais. Para a dereita non importan as persoas e os seus dereitos, senón o
beneficio dos bancos e as multinacionais.
A comitiva de Esquerda Unida portaba dúas
pancartas cos lemas "Polo público. Polas conquistas sociais" e "En defensa da
clase traballadora", coa lenda común en ambas as dúas de "Loitemos polos nosos
dereitos".
Esquerda Unida lamentou a celebración
sindical por separado nun 1º de maio que debera ser un reflexo da necesaria
Unidade Sindical para facer fronte aos recortes do PP.
Chamamos á mobilización hoxe e nos meses
próximos por unha saída social da crise, polo emprego, a defensa do público, o
dereito á vivenda e á igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario