Estes tempos críticos que nos toca
vivir tamén requiren do humor, aínda que falemos de cousas moi serias.
Unha boa dose de retranca para
analizar o ano trascorrido desde as eleccións municipais celebradas o 22 de maio
de 2011. A imaxe fala por ela mesma.
sinopse
José López Orozco exerce de Sumo Sacerdote (xa son trece anos, mal número din os superticiosos) e necesita un exorcismo para quitar o demo dos trece cargos do PSOE imputados en diferentes causas xudiciais. Acompáñao o seu monaguillo, Antón Bao, que garantiza a "¿autonomía do BNG?" (a autonomía dos cargos de confianza á hora de cobrar a nómina) nas decisións máis polémicas. Por suposto Jaime Castiñeira, única oposición no Pleno, agarda coas tesoiras de esquilar para aplicar o modelo alternativo para o Concello que leva á práctica o seu partido no goberno central e nas autonomías
Un ano despois das eleccións municipais todo segue igual. Agás algunha novedade, como a decisión de PSOE e BNG de privatizar o ciclo completo da auga en Lugo: "Está guay importar el modelo Espe de la capital para traer a provincias", dixo algún directivo dunha multinacional da auga.
Polo demais, o TRIPARTIDISMO ARMÓNICO funciona a "Pleno" rendemento: Plenos intrascendentes con moito ruido e nada de noces; silencio (omertá) sobre as causas xudiciais abertas que investigan a corrupción política cos tres partidos baixo sospeita; o PXOM (Plan Xeral de Especulación Municipal) defendido polo PSOE e PP ten os urbanizables no xulgado, e conta co mutis de BNG; os edificios do parque novamente recorridos; o polígono de As Gándaras ben iluminado pero baleiro; o solar do auditorio (auto de fe) segue a excavarse que hai autonómicas; os residenciais estrela de Orozco, San Fiz e Abella, ben urbanizados cos nosos cartos pero paralizados (afortunadamente); o Plan de Mobilidade ben pagado a unha empresa pero gardado nun caixón; máis sentencias desfavorables pola despolítica de persoal do alcalde; etc., etc., etc.
Menos mal que os nosos tres superheroes debaten acaloradamente nos Plenos sobre temas tan importantes como o AVE (o tamagochi, ou tren virtual). ¿O AVE poderá comerse?
REBÉLATE
No hay comentarios:
Publicar un comentario