MANIFESTACIÓN LUGO
saída do edificio
sindical (rolda da Muralla) ás 20 HORAS
Remate na Subdelegación do
Goberno
Chamamos á mobilización do
pobo
Chamamos a todos os nosos afiliados
e afiliadas, a toda a xente de esquerdas, a toda a poboación a participar
activamente nas movilizaciones convocadas polos sindicatos CCOO, CIG e UXT o
xoves 19 de xullo. É preciso que a rúa fale.
O Plan de recortes do Goberno
aprobado no último Consello de Ministros, respondendo ás esixencias do memorando
aprobado polo ECOFIN o día 10 de xullo pasado, é unha agresión sen precedentes
aos dereitos do conxunto da cidadanía e moi especialmente aos traballadores e
traballadoras, ás persoas en paro, aos que teñen un emprego público ou cobran
unha pensión.
Esta situación merece unha resposta que de forma
global, coordinada e unitaria suscite un novo modelo produtivo, cun contido
social e democrático que confronte coa ofensiva do capital, que defenda a
solidariedade fronte ao recorte.
Chamamos a todos os demócratas a derrotar ao
Goberno e as súas políticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario