martes, 9 de octubre de 2012

ENTREVISTA EN ONDA CERO RADIO

Ramón Vázquez no momento da entrevista

Ramón Vázquez, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de Lugo, foi entrevistado esta mañá pola periodista Lourdes Abuide en Onda Cero Radio.
Unha entrevista moi centrada nas propostas concretas sobre emprego, nun día caracterizado pola mala noticia dos despedimentos no grupo de alimentación Cemar. Ramón tivo unhas verbas de apoio aos traballadores, e lembrou que a traxedia do paro tamén afecta estes días aos traballadores e traballadoras de Finsa, Aloca, Fundicións Pardo ou Jecsa, entre outros.
Por outra banda, as enquisas da prensa escrita otorgan un día máis un deputado por Lugo a Alternativa Galega de Esquerda.

1 comentario:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar