Portomeñe durante a rolda de prensa
"Outra operación xudicial máis cos mesmo ingredientes que outras anteriores: empresarios corruptores, políticos do PSOE, PP e BNG imputados e sobornos para obter contratos públicos ou subvencións, entre outros. E outra vez se volve a falar da presunta financiación irregular de partidos políticos", comezaba dicindo Portomeñe na súa valoración da chamada operación Pokémon.
"O silencio pactado, a omertá entre partidos, ráchase agora pola campaña electoral e o medo a perder votos", sinalou o coordinador de EU Lugo, que lucía unha camiseta co lema "A corrupción ten solución", e agora "ademais de desprestixiar a política intentan criminalizar a xustiza", referíndose ás declaracións de diferentes políticos cuestionando as operacións contra a corrupción.

Jaime Castiñeira, portavoz do PP, - dixo- pide agora que se aclaren os contratos feitos por Liñares nos nove anos no goberno municipal pero "el estivo sentado con Liñares durante semanas, pactando un PXOM que votou favorablemente e que entre outros convertía, por arte de maxia, millóns de metros cadrados de terrenos rústicos de especial protección forestal en urbanizables, como os de Fixós, Bosende ou Bocamaos, (favorecendo este último ao portavoz municipal do PP e exalcalde de Lugo). Tanto é así que a Xunta informou negativamente en tres ocasións os urbanizables e os considerou ilegais. Para Portomeñe, Jaime Castiñeira e o PP deben aclarar este e outros acordos conxuntos co agora detido.
No caso do BNG, Portomeñe afirmou que os nacionalistas fan un exercicio de cinismo cando sinalan que pedirán a dimisión de Orozco se resulta imputado porque xa tivo tres imputacións e nunca fixeron nada. Sobre as declaracións de Bao dicindo que o proceder da xustiza era "desmesurado", EU sostén que desmesurado é que os sobres con cartos para sobornos circulen de man en man, como recoñece Liñares, non as actuacións xudiciais. Portomeñe lembroulle ao BNG que xa na Operación Campeón se fala de membros do seu partido recollendo sumas de diñeiro para financiar campañas electorais.
En canto ao alcalde de Lugo, o coordinador fixo a seguinte pregunta: ¿Coñece xa o señor Orozco algún caso de corrupción política en Lugo? ¿ou segue padecendo amnesia política? A detención de quen durante 9 anos foi o máis cercano colaborador, do alcalde non pode quedar nunha simple disculpa porque o único que se lle ocurre dicir é "lamento profundamente, se é verdade, o ocurrido". Se o ex-edil cobraba sobornos, entre outros presuntos delitos, non abonda con pedir disculpas, senón que debe asumir responsabilidades porque xa non ten ningunha explicación coherente do que está pasando.

O coordinador de EU, quen dixera nunha ocasión que "o alcalde de Lugo está máis queimado que o clube Eros", afirmou agora que "a Orozco non lle quedan dous telediarios como alcalde". "O mellor servizo que lle pode facer a Lugo", continuou, "é evitarlle á nosa cidade ter que pasar polo bochorno que pasaron nestes días os ourensáns trala detención do seu alcalde". "Moito me temo que ou renuncia por iniciativa propia, ou vai facelo renunciar a xustiza".
Portomeñe anunciou que se Orozco resulta detido, EU reclamará a convocatoria de eleccións parciais, pedindo a disolución do Pleno para que o pobo soberano se exprese e sexa posible iniciar a rexeneración democrática na nosa cidade. Esta posibilidade está recollida na LOREG e contemplouse en 2006 para o caso de Marbella.
"Pola excepcionalidade política, pola alarma social, pola necesaria rexeneración democrática, e no convencemento de que os lucenses xa non teñen ningunha confianza nos integrantes da corporación.
Estamos vivindo a maior crise económica da nosa historia, e resulta obsceno que cando os traballadores están perdendo os seus empregos (Alcoa, Jecsa, Fundicións Pardo, Finsa, etc) e mentras recortan os servizos públicos máis básicos, haxa empresarios e políticos que se dedican, e dedicaron, a repartirse alegremente os cartos públicos. Uns poucos nadan na opulencia a costa das desgracias dos demais.
En todo isto, a grande perxudicada é a política. Todos se acordan dos políticos, dos corruptos, pero non hai que esquencer aos empresarios, os corruptores. Tan culpables son uns como outros.
Pero é preciso aclarar que non son políticos, son politicastros. Non é política, é politiquería. Na man da cidadanía está recuperar a POLÍTICA con maiúsculas. En Esquerda Unida, humildemente, nos consideramos un simple instrumento para esa necesaria rexeneración democrática.

No hay comentarios:
Publicar un comentario