viernes, 12 de octubre de 2012

MITIN INTERNACIONAL DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA

A Syriza de Grecia e o Front de Gauche de Francia apoian na Coruña a candidatura de Alternativa Galega de Esquerda

 O candidato por Lugo, Ramón Vázquez, cos intervintes 
no mitin internacional celebrado na Coruña

    Alternativa galega de Esquerda celebrou un mitin de carácter internacional na sala de Cámaras do Pazo da Ópera da Coruña, que se quedou pequena para o numeroso público que se achegou.
    O eurodiputado de Syriza Stavros Karagkounis proclamou que "o cambio" de España empeza no "norte". "Primeiro en Galicia, País Vasco e Cataluña", asegurou o político de esquerdas, quen advertiu de que "o que van votar os galegos, vai afectar" ao seu "fillo en Grecia".
    AGE reuniu, ademais da a Syriza grega, ao eurodiputado de IU Willy Meyer e ao do Front Gauche José Cordón. Este último asumiu o lema "Hai que paralos --hai que paralos--" para animar a votar a esta coalición e "contra a política de Rajoy e, aquí, de Feijóo".


A sala de Cámaras do Pazo da Ópera da Coruña quedouse pequena pola afluencia de público
    "Non só decidides o destino desta terra entrañable, é unha mensaxe que van recibir os pobos de Europa para ver se hai músculo para trenzar unha alternativa viable. E é posible", exhortou Willy Meyer, antes de dar a palabra a Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario