viernes, 30 de noviembre de 2012

EU contra un PXOM especulativo

EU AFIRMA QUE A ÚNICA POSIBILIDADE DE APROBAR O PXOM NA SÚA TOTALIDADE É RENUNCIAR AOS URBANIZABLES
Fixós é o maior "pelotazo" urbanístico da historia de Lugo e os novos indicios avalan a implicación de PSOE, PP e BNG, sinala Portomeñe
Portomeñe emplaza a Jaime Castiñeira e a Paz Abraira a aclarar os acordos aos que chegaron con Liñares sobre as recalificacións de Fixós

 Ao fondo, Abraira, Castiñeira, Orozco e Liñarez. Fonte: El Progreso

     En xuño de 2009 EU, a través do noso portavoz Carlos Portomeñe, denunciaba a recalificación de 531.819 m2 metros cuadrados en Fixós para "construir 264 viviendas unifamiliares libres a costa de destruir unha masa forestal de especies autóctonas""coa desculpa de ampliar un campo de golf".
 
     Ante a denuncia de EU a delegada de urbanismo do PSOE naquel momento, María Novo, afirmaba que a "tramitación do cambio era "técnica e xuridicamente impecable" e que "desde o punto de vista legal é totalmente irreprochable".Esquerda Unida ampliou a denuncia pública a outros urbanizables, destacando os de Bosende e Bocamaos. Ademais, Carlos Portomeñe e Yolanda Díaz acudiron en novembro de 2009 ao fiscal xefe para poñer no seu coñecemento os feitos referidos e informalo dos supostos intereses políticos e empresariais que movían ás recalificacións.
     Tres anos e medio despois, o PSOE e o PP seguen intentando aprobar un Plan de Urbanismo cheo de irregularidades e sombras, baixo investigacións xudiciais e con reiterados informes negativos da Xunta sobre os urbanizables. O PSOE e o PP seguen cos métodos que nos meteron de cheo na crise económica actual, e non queren decatarse de que pinchou a chamada "burbulla inmobiliaria", por elo queren aprobar de novo os urbanizables no Pleno do vindeiro día 3. PSOE e PP queren aprobar por enésima vez no Pleno do Concello, agora con algúns cambios, o que xa aprobaron en dous Plenos anteriores e que foi rexeitado dúas veces pola Xunta de Galicia e contou co informe contrario do anterior Secretario municipal, que calificaba de "inxustificables" os urbanizables de Fixós, Bosende e Bocamaos.

     Segundo a información dos medios, no caso do sector urbanizable de Fixós, Psoe e PP acordan agora eliminar o urbanizable que afectaba ao sector de protección agropecuaria e manteñen o de protección forestal, co cal continúan vixentes os motivos para o rexeite legal do urbanizable. Ao parecer, Bosende desaparecería e Bocamaos cambiaría en parte. Sen embargo, a única posibilidade de aprobar o PXOM na súa totalidade é renunciar aos urbanizables.

     En Esquerda Unida sempre mantivemos que o urbanizable de Fixós era un "pelotazo" de manual no que estaban implicados, ademais de empresarios, políticos do PSOE, PP e BNG. Portomeñe sinalaba en 2009 que "o PXOM foi aprobado provisionalmente cos votos do PSOE e do PP" pero que neste asunto "tampouco é inocente o Bloque". Co paso do tempo foron aparecendo moitos indicios que confirman estes datos:

1. O responsable directo das recalificacións foi Fernández Liñares, ex-concelleiro de urbanismo polo PSOE, no cárcere pola operación Pokémon, ademais de posuir miles de metros cadrados de terreo lindantes co sector urbanizable de Fixós. Un xulzgado requeriulle documentación sobre o PXOM.

2. A sociedade que adquire os dereitos edificatorios de Fixós, Trepia 06 Inversiones, é clave na operación Campeón.

3. A ampliación do campo de golf baséase nun inexistente plan director da Consellería de Industria que dirixía o ex-conselleiro do BNG, Fernando Blanco, imputado na operación Campeón. 

4. A exdelegada de urbanismo que aproba provisionalmente o PXOM, María Novo, do PSOE, está imputada polas dilixencias abertas nos xulgados sobre o Plan de Urbanismo. 

5. Tamén está imputado nas mesmas dilixencias, o constructor Manuel Vázquez Corredoira, cuñado de María Novo, que ademais firmou un contrato privado co expresidente do clube de golf segundo o cal cobraría un 15% de comisión de fructificaren as súas "xestións" para recalificar os terreos. 

6. Ademais, varios exdirectivos do clube de golf,  en activo naquel tempo, están imputados na operación Carioca. 

7. Especialmente grave para EU resulta o feito de que o portavoz do PP, Jaime Castiñeira, recoñecese no Pleno no que se aprobou o Plan (decembro de 2011), que Liñares, el mesmo e Paz Abraira, portavoces do PSOE, PP e BNG,  estiveron dacordo coas alegacións do clube de golf. E estiveron dacordo pese a saber que as recalifixacións en Fixós eran e son ilegais. 

     Dixo Jaime Castiñeira no Pleno: «(...) debe quedar claro que en Fixós había unha alegación formulada polo campo de golf onde nos pedían se podía pasarse de rústico a un urbanizable, e foi acordo dos grupos de traballo, onde estabamos alí... vostede non estaba daquela, señora Novo, pero si estaba o seu compañeiro, o señor Liñares, onde a todos nos pareceu ben o que se nos pediu (...)».

     Jaime Castiñeira e Paz Abraira deben explicar a que tipo de acordos chegaron con Liñares. O xulgado aclarará, en todo caso, cales en que consistiron os trámites para conseguir as recalificacións que fixo o empresario de Construcciones Pedrouzo, S.L. e polo cales cobraba un 15% de comisión polo clube de golf. 

     Ademais, as recalificacións para permitir o urbanizable de Bocamaos benefician ao exalcalde de Lugo, Joaquín García Díez, actual congresista do PP. E foi Pachi Vázquez, actual secretario xeral do PsdeG, que deu o visto bo ao PXOM sen estudo de impacto ambiental cando era conselleiro de Medio Ambiente en funcións do goberno bipartito.

     EU lémbralle a PSOE, PP e BNG que os supostos delitos que poidesen cometer na tramitación do PXOM, e que investiga a xustiza, seguen vixentes con cambios ou sen eles. Esquerda Unida personouse como acusación popular e o PXOM no seu conxunto está recurrido no TSXG pola Asociación pola Defensa do Parque Rosalía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario