FOLGA XERAL
14-N
MANIFESTACIÓN LUGO
12:00 CASA
SINDICAL
O 14N IMOS PARALO TODO, ESQUERDA UNIDA FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN
ACTIVA NA FOLGA
A CRISE MATA E NÓS SOMOS AS VÍTIMAS DESTE SISTEMA QUE SÓ VELA POLOS
INTERESES DUNS POUCOS, XA SE FALA DE 3 SUICIDIOS DIARIOS CONSECUENCIA DIRECTA
DUN SISTEMA CAPITALISTA QUE PRIMA O BENEFICIO POR RIBA DAS
PERSOAS
ESTA FOLGA É CONTRA A MISERIA QUE ESTÁ A PROVOCAR ESTE GOBERNO ILEXÍTIMO
QUE DETERIORA A VIDA DA XENTE E QUE ESTÁ SUSTENTADO NAS MENTIRAS DOS SEUS
DIRIXENTES
Esquerda Unida fai un chamamento á
participación activa na folga. O 14N imos paralo todo. É tempo de mudar este xeito inhumano de facer
política, dende a rúa podemos forzar o cambio, a folla de ruta da dereita nos
conduce a que xa máis de 3.000 familias foron desafiuzadas en Galicia no
primeiro semestre do ano, consecuencia dunha especulación consentida tanto polo
PSOE coma polo PP, e xa son máis de 400.000 familias desafiuzadas en todo o
estado. Resulta hipócrita que agora o PP e o PSOE decidan consideralas vítimas e
non antes, cando o drama xa existía e organizacións como Stop desafiuzamentos, e
a Esquerda Plural no Congreso dos Deputados, presentaron medidas concretas para
impedir o que hoxe acontece.
A aplicación do Real Decreto 16/2012 que non é
maís que un deterioro continuo da sanidade, o desmantelamento de hospitais a
través do peche de quirófanos, da redución de persoal que nos leva xa a máis de
40.000 pacientes en lista de espera “oficial”, do repago dos medicamentos, do
servizo de ambulancia, das próteses, cadeiras de rodas, que responden a unha
estratexia privatizadora da dereita.
Na educación, o despido de docentes, a
redución de programas educativos, o encarecemento das taxas universitarias que
condicionan o acceso en función do económico, o constante aumento dos concertos
con diñeiro público coa patronal privada, e a perspectiva dunha nova lei
educativa que se converte en escusa para retrotraernos a unha nova e longa noite
de pedra en materia educativa.
A xustiza co pago de taxas desproporcionadas
que supón un recorte insconstitucional do dereito de igualdade ante a lei. Nos
atopamos ante un panorama cada vez máis excluínte, deprimente e inxusto para os
mesmos de sempre.
A crise mata e nós somos as vítimas
deste sistema que só vela polos intereses duns poucos. Estase a falar
de tres suicidios diarios consecuencia directa dun
sistema capitalista que prima o beneficio por riba das persoas. Máis de 300.000 familias viven dunha pensión de
xubilación, o 7,8% dos fogares teñen todos os membros sen emprego, a situación
de excepción leva a unha resposta de excepción. É necesario saír á rúa e
demostrar que outra maneira de gobernar é posible. O 14N a folga social, na que
todas e todos temos que defender os dereitos arrebatados ten que ser un ataque
aos poderosos, unha demostración da forza do pobo, de que a política se muda
dende as institucións e dende a rúa.
Esta folga é contra a miseria que
está a provocar este goberno ilexítimo que deteriora a vida da xente e que está
sustentado nas mentiras dos seus dirixentes. É inadmisible que se estea a aplicar unha política
en contra da cidadanía, dos dereitos e da dignidade. Cada vez son máis as
persoas que están a padecer as políticas dos poderosos onde os enganos se
converteron en débedas, esas mesmas políticas insensibles que se materializan en
suicidios silenciados, mentras se rescatan entidades bancarias que reciben
cartos públicos para seguir enganando e condicionando o futuro da sociedade.
Por todo isto Esquerda Unida, como integrante
de Alternativa Galega de Esquerda, fai un chamamento urxente á cidadanía a
organizar e participar nunha rebelión cívica que garanta a dignidade das
persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario