martes, 4 de diciembre de 2012

Xuntanza co Comité de Empresa de Cementos Cosmos

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA MANTEN UNHA XUNTANZA COS MEMBROS COMITE DE EMPRESA DE CEMENTOS COSMOS



Ramón Vázquez Díaz, deputado de Alternativa Galega de Esquerda por Lugo, xunto con Chelo Martinez e Juan Fajardo como deputados do grupo parlamentario de AGE e membros da Comisión Parlamentaria de Industria e Enerxía , mantiveron o pasado venres 30 de novembro , unha xuntanza de traballo co comité de empresa de Cementos Cosmos de Oural (Sarria), de cara a analizar a situación da fabrica e dos traballadores e establecer o plano de acción a seguir na busca de solucións conxuntas.
A posición de AGE se enmarcou nos seguintes puntos:
  • Para AGE resulta imprescindible a defensa dos postos de traballo de Cementos Cosmos, nunha comarca como Sarria e nunha Provincia como Lugo, cun xa de por si escaso tecido industrial.
  • O paro no sector da construcción e a industria na comarca de Sarria supera xa as 500 persoas no mes de outubro, mais de 7000 persoas na provincia de Lugo. Urxen, polo tanto, iniciativas públicas que deteñan esta sangría no sector.
  • AGE considera inasumible que a única cementeira de Galicia con cemento galego, atravese por dificultades e se lle limite a producción, mentres que unha parte importante do cemento de Galicia provén doutra comunidade. Dende AGE defendemos os canais curtos de comercialización e os productos e os productores locais, por seren esta unha das principais formas de sostenibilidade do sistema e de dinamización das economías.
  • AGE pon de manifesto ademais, nun momento en que están próximos a presentarse os Orzamento Xerais de Galicia, que a diminución intensa e progresiva da obra publica que está a levar a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado nos últimos anos, cun número importante de infraestructuras paralizadas ou cunha dotación mínima, como por exemplo o corredor de Monforte ou a autoestrada Lugo-Santiago, ten unhas consecuencias nefastas para o sector. Neste sentido resulta tamén fundamental darlle prioridade nas adxudicacións a aquelas empresas que teñen a súa sede en Galicia, como é o caso de Cementos Cosmos.
  • Os representantes de AGE puxeron de manifesto a necesidade de que a Xunta de Galicia realice as actuacións necesarias para manter a producción de Cementos Cosmos e garantir o mantemento dos postos de traballo.
  • Por iso, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, realizará unha pregunta parlamentaria ao Goberno da Xunta para saber que actuacións está levar para garantir o mantemento dos postos de traballo e a continuidade de Cementos Cosmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario