8
de marzo
Sen
Igualdade non hai Democracia
Desde
os inicios do movemento feminista, as mulleres estamos a loitar por
unha sociedade mellor que iguale en dereitos e oportunidades a todas
as persoas. As mulleres
fomos e seguimos sendo as impulsoras e promotoras de grandes cambios
que contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de
tal maneira que demostramos positivamente que sen nós, esta non
existe.
Democracia
significa que homes e
mulleres dispomos das mesmas oportunidades e dereitos. Por iso nós
reivindicamos a nosa incorporación activa e plena a todos aqueles
ámbitos aos que aspiremos, e que nunca, polo feito de ser mulleres,
nos estean vetados, porque consideramos que a paridade é
consustancial coa democracia.
Democracia
significa que mulleres e
homes compartimos sen trabas nin vetos
todo
o tempo e todos os espazos. Por iso non deixamos de insistir en que
ambos
deben distribuírse equitativamente, de tal maneira que as
responsabilidades
sexan compartidas.
Democracia
significa pleno emprego, de
calidade, ben retribuido, sen discriminacións de ningún tipo. Por
iso as mulleres feministas rexeitamos a Reforma Laboral que comezou o
PSOE e que o PP concretou cunhas condicións case de escravitude e
que prexudican gravemente ás mulleres.
Democracia
significa que cada
persoa é dona do seu corpo, das súas decisións e das súas
posicións ante a vida. Por iso nós loitamos para que non nos
obriguen a reproducir actitudes ou comportamentos prefixados, senón
que poidamos ser autónomas e libres
para
dispor da nosa existencia.
Por
iso defenderemos decididamente que non se modifique de maneira
estritiva o aborto, nin ningún dereito sexual e que non estamos
dispostas a que a igrexa católica siga interferindo na vida das
mulleres.
Democracia
significa que as diferenzas, diversidades e opcións non
marcan ningún tipo de exclusión ou discriminación. Por iso é polo
que as mulleres non recuaremos no noso empeño de que se acaben dunha
vez por todas, todos os comportamentos sexistas e patriarcales. Por
iso desde Esquerda Unida defendemos unha sociedade que non consinta,
nin permita, nin avale que as mulleres sigan sendo discriminadas nin
explotadas en ningunha das súas formas.
Democracia
significa que o respecto e a liberdade son valores
irrenunciables. Por iso para nós a autonomía persoal e económica,
a capacidade de movemento, de elección e o emprego, son dereitos que
conforman o concepto de igualdade de xénero.
Democracia
significa que o Estado atende a través dos servizos
públicos, todas as necesidades da cidadanía. Por iso opoñémonos
ás leis como a da dependencia que nos relega aos coidados, por iso
rebelámonos ante todo tipo de involucións sociais que leven a que
ás mulleres se nos arrebaten os dereitos conquistados.
Democracia
significa erradicar
das estruturas sociais todos os condicionantes, costumes ou formas
culturais que discriminen ou exclúan. Por iso as mulleres feministas
loitamos por unha sociedade na que homes e mulleres sexan iguais e
onde a xustiza e a equidade sexan os cimentos fundamentais nos que se
basee a política.
Área de muller de EU Lugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario