martes, 26 de marzo de 2013

Desmantelamento do ensino secundario na provincia

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA DENUNCIA O DESMANTELAMENTO DO ENSINO SECUNDARIO NA PROVINCIA DE LUGO
Os planes da Consellaría de Educación supoñen un novo golpe aos centros lugueses, afirma o deputado Ramón Vázquez, logo de lles aplicar recortes do 20% nos gastos de funcionamento 



     A ofensiva do Partido Popular contra o ensino público non se detén. Desta volta, denuncia o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez, diríxese contra centros da provincia de Lugo. “A integración, como di a Xunta, de numerosos centros de ensino secundario”, explica, “supón un golpe definitivo ao acceso aos estudios para milleiros de rapaces de Lugo”. Porque antes, lembra, a Consellaría de Educación xa aplicara recortes do 20% nos gastos de funcionamento de 15 institutos da provincia (de Monforte, Baralla, Chantada, A Pastoriza, Lugo, Viveiro, Vilalba, Burela, A Fonsagrada, Guntín, Palas de Rei, Cervantes e Navia de Suarna).
     “A decisión da consellaría foi, ademais, tomada de xeito improvisado”, denuncia Vázquez, “xusto despois de rematado o prazo para o concurso de traslado de profesorado”. O Goberno de Núñez Feijóo non oculta as súas intencións e recentemente anunciou que realizará estudos técnicos para a denominada integración de centros en Chantada, Monforte, Sarria e Vilalba. “Isto producirá unha importante diminución da oferta educativa”, critica o parlamentario, “a supresión de centos de profesores. A masificación do alumnado e o empeoramento da calidade do ensino”.
     Alternativa considera o proxecto do departamento que maldirixe Jesús Vázquez, e que nos últimos meses acumula retrocesos sociais e xudiciais, “o golpe definitivo ao ensino público en Lugo”. Neste panorama, Ramón Vázquez chama á unidade de acción entre as comunidades educativas da provincia “en defensa da educación pública”, manifesta o apoio de AGE ás protestas que comezan mañá no Instituto de Ensino Secundario Daviña Rei de Monforte e explica que o grupo parlamentario rexistrará iniciativas para reforzar a rede de centros públicos de ensino secundario.
A continuación, un cadro cos recortes aprobados pola Xunta en centros da provincia de Lugo:

CENTRO
CONCELLO
2011-2012
2012-2013
DIFERENCIA
%
IES Francisco Daviña Rei
Monforte
146.234
132.499
13.735
9,39%
CPI Luis díaz Moreno
Baralla
42.355
38.315
4.040
9,54%
IES Val do Asma
Chantada
71.617
64.388
7.229
10,09%
IES Fonmiñá
A Pastoriza
39.696
35.477
4.249
10,70%
IES Leiras Pulpeiro
Lugo
88.582
78.708
9.874
11,15%
CIFP Politécnico
Lugo
305.572
269.933
35.639
11,66%
IES Lois Peña Novo
Vilalba
114.555
100.633
14.444
12,15%
IES María Sarmiento
Viveiro
204.618
178.254
26.364
12,88%
IES As Mercedes
Lugo
234.022
199.308
34.714
14,83%
IES Perdouro
Burela
133.066
112.435
20.631
15,50%
IES Fontem Albei
A Fonsagrada
53.287
42.420
10.867
20,39%
CPI Tino Grandío
Guntín
43.981
34.917
9.064
20,61%
IES Palas de Rei
Palas de Rei
47.045
36.850
10.195
21,67%
CPI de Cervantes
Cervantes
36.978
27.126
9.852
26,64%
CPI Dr Daniel Monje
Navia de Suarna
36.498
16.486
20.012
54,83%
Táboa 1: RECORTES GASTOS FUNCIONAMENTO CENTROS SECUNDARIA PROVINCIA DE LUGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario