miércoles, 2 de octubre de 2013

Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei

AGE DENUNCIA A XESTIÓN FRAUDULENTA DA XUNTA EN ALIMENTOS LÁCTEOS


Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda Ramón Vázquez e Antón Sánchez, ofreceron unha rolda de prensa diante da factoría da empresa de base cooperativa Alimentos Lácteos S.A en Outeiro de Rei.

Os deputados deron a coñecer os datos da auditoría externa na que se pon de manifesto a xestión neglixente por parte da dirección da empresa e do seu consello de administración que inclúe a falta dun plan de negocio, a ausencia de plan estratéxico e unha absoluta opacidade nas contas.

Hai que recordar que Alimentos Lácteos foi un proxecto tutelado pola Xunta de Galicia quen colocou ao fronte do mesmo a dous cargos do Partido Popular. Concretamente, Arcadio López, Tenente de Alcalde de A Pastoriza como presidente do Grupo e Euxenio Montero, tenente de alcalde de Touro como Secretario. Tanto un como outro, foron denunciados polo administrador concursal por ter percibido 230.000 euros de salario, uns 6.000 euros ao mes, mesmo cando a empresa estaba en quebra, os traballadores en ERE e se acumulaban débedas importantes con acredores e gandeiros.

Os deputados de AGE esixen que tanto a Xunta de Galicia como o Partido Popular asuma responsabilidades polo resultado do que consideran unha “xestión fraudulenta”, que deu como resultado que despois de mais de 8 millóns de euros de axudas públicas a través do IGAPE e XESGALICIA, a empresa acumule pérdidas por un valor de 14, 7 millóns de euros e débedas superiores aos 18 millóns de euros. Todo elo no tempo record de 3 anos.

Unha situación que implica ademais, ter entrampados a centos de gandeiros aos que se lles deben importes cantidades de diñeiro que oscilan entre os 30.000 e 90.000 euros, despois de ter entregado leite a conta, e que debido ao impago están pasando por apuros importantes, que poden implicar o peche de moitas explotacións da provincia. Algo que os deputados consideraron unha autentica “estafa piramidal” que ademais lastra o futuro de próximos proxectos de base cooperativa tan necesarios no sector gandeiro galego.

Alternativa Galega de Esquerda presentou unha interpelación para que no vindeiro pleno do Parlamento de Galicia, comparezan os responsables do Goberno da Xunta para dar explicacións sobre a súas actuacións en relación con Alimentos Lácteos. Ademais AGE segue a esperar a que o Goberno responda a solicitude de información solicitada polo artigo 9 do Regulamento do Parlamento, en relación cos informes e expedientes das axudas dadas pola Xunta de Galicia a Alimentos Lácteos, algunhas delas ofrecidas cando a empresa estaba xa en “quebra técnica”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario