martes, 28 de enero de 2014

Carrexo de votos

ESQUERDA UNIDA PERSÓNASE COMO ACUSACIÓN NAS DILIXENCIAS XUDICIAIS ABERTAS CONTRA DIRIXENTES DO PP POR CARREXO DE VOTOS

Ramón Vázquez e Carlos Portomeñe
    Esquerda Unida solicitou hoxe a personación como acusación nas dilixencias xudiciais abertas polo Xulgado de Instrucción número 2, que investiga un delito electoral presuntamente cometido por coñecidos dirixentes do Partido Popular, entre os que destacan o seu expresidente en Lugo, José Luis Iravedra, e a exconcelleira Teresa Taboada.
    Os feitos investigados polo xulgado tiveron lugar o domingo 21 de outubro de 2012, durante a xornada de votación das eleccións ao Parlamento de Galicia. Varios candidatos e apoderados de AGE acompañaban ao cabeza de lista e actual deputado Ramón Vázquez, a exercer o voto no colexio electoral emprazado na Oficiña de Recadación Municipal da rúa Río Neira.  No exterior e no interior do colexio poideron comprobar a presencia de dirixentes e militantes do PP trasladando a anciáns en cadeira de rodas para votar, todos eles procedentes do asilo cercano, feitos dos que existe constancia gráfica. O apoderado e candidato de EU, Carlos Portomeñe, solicitou entón a paralización da Mesa electoral e a inclusión dos incidentes na acta.
    A continuación, AGE presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral Provincial e esta remitiuna á Fiscalía. Finalmente, o Xulgado número 2 abriu as dilixencias previas por procedemento abreviado a instancias da fiscalía, no transcurso das cales foron citados como testigos varios dirixentes de EU en Lugo, entre eles Ramón Vázquez e Carlos Portomeñe, que se ratificaron nas súas acusacións. Segundo ten trascendido, os dirixentes do PP denunciados prestaron declaración no xulgado e se realizaron dilixencias no propio asilo, coa toma de delaracións a monxas e anciáns identificados nas fotografías aportadas por un medio de comunicación local.
    EU considera que existen probas determinantes dun presunto e grave delito electoral, e agarda que non existan inconvintes para dar comenzo á fase de instrucción que sente no banquiño dos acusados aos autores dunha reiterada e despreciable práctica do caciquismo de dereitas: o carrexo de votos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario