miércoles, 3 de octubre de 2007

EU-IU DE LUGO LEVA AO PARLAMENTO EUROPEO O PROXECTO DE PONTE SOBRE O RÍO MIÑO
Esquerda Unida presentou a través do eurodiputado de IU Willy Meyer, unha batería de catro preguntas dirixidas á Comisión Europea relacionadas co proxecto de ponte sobre o río Miño que defenden o Ministerio de Fomento e o Goberno Municipal, por posible vulneración da Directiva 85/337/CE. Para EU-IU, a ponte que propón o goberno municipal encaixa dentro da política megalómana do actual alcalde, enmarcada dentro dun PXOM especulativo e insostible medioambientalmente.
EU-IU está convencido de que será a institución europea, ao igual que o ICOMOS e a UNESCO no caso do cuartel de San Fernando, quen terá que introducir a racionalidade da que carece o actual goberno municipal.
Esquerda Unida de Lugo defendeu sempre a construcción dunha ponte respectuosa co medio ambiente que permitise a peatonalización da ponte vella e a súa recuperación para o uso e disfrute da cidadanía, tamén como zona de alto interés turístico.
As preguntas dirixidas á Comisión Europea son as seguintes:
O goberno municipal de Lugo (Galicia, España) xunto co Ministerio de Fomento pretende construír unha ponte que desembocaría nun subterráneo de entrada á cidade, destruíndo boa parte do parque Marcos Cela, composto por numerosas especies forestais (fundamentalmente carballos) e animais. Ademais, devandito parque foi restaurado no 2005 con fondos FEDER.
Ata a data o proxecto de construción da ponte carece dun Estudo de Impacto Ambiental, vulnerando desta maneira a Directiva 85/337/CEE, relativa á avaliación dos repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente (EIA).
Perante esta grave ameaza medioambiental e tendo en conta que o parque Marcos Cela foi restaurado no 2005 con fondos FEDER:
- Ten coñecemento a Comisión do proxecto de construción da devandita ponte en Lugo (Galicia, España)?
- Pensa a Comisión, solicitar información ás autoridades españolas competentes para que faciliten datos sobre o proxecto de construción da ponte?
- Que medidas pensa adoptar a Comisión para facer cumprir correctamente a lexislación comunitaria no caso que nos ocupa?
- Que opinión lle merece á Comisión que un parque que foi restaurado fai soamente dous anos con fondos da UE, sexa destruído para construír unha ponte?

No hay comentarios:

Publicar un comentario