AUDITORIO VIRTUAL. A HISTORIA INTERMINABLE
Esquerda Unida presenta un video no que se fai un repaso á evolución do proxecto de Auditorio en San Fernando, desde que xurde a idea hai unha década, xusto despois de ser derrubado o Gran Teatro pese ás protestas sociais, ata o día de hoxe no que Lugo continúa sen novo Auditorio.
A iniciativa dun novo Auditorio en San Fernando partiu dun Partido Popular con maioría absoluta no goberno municipal e con García Díez como alcalde, e posteriormente pasou por dous gobernos diferentes: o de coalición entre o PSOE e o BNG onde López Orozco ocupou a alcaldía e o BNG a Concellería de Cultura, e a maioría absoluta do PSOE na última lexislatura. O proxecto final incluía unha cúpula de cristal de 26 metros de alto e contemplaba a destrucción dunha das catro fachadas do antigo Hospital de Inválidos-Cuartel de San Fernando. Foi aprobado definitivamente e avalado polo tres grupos municipais presentes actualmente no Concello (PSOE, PP e BNG). Sería un organismo internacional asesor da UNESCO, o ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios) quen alertaría sobre un proxecto que considera improcedente e que pon en perigo a declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade poir afectar á súa zona tampón. Non son preceptivos os ataques institucionais a un organismo de prestixio como ICOMOS que vela polo patrimonio de todos, máxime cando foi que elaborou o informe positivo para incluir a Muralla no Patrimonio Mundial.
Esquerda Unida de Lugo mantivo desde o primeiro momento a súa oposición á ubicación dun auditorio en San Fernando por destruir o patrimonio e afectar á Muralla, e mesmo chegou a presentar publicamente en 1998 un proxecto alternativo elaborado por varios arquitectos para a Praza de Bretaña, coa pretensión de integrar o campus de Lugo na vida da cidade. Esquerda Unida segue defendendo o emplazamento do novo Auditorio nas proximidades do casco histórico, con preferencia no cuartel da Garda Civil, a ubicación do Museo Arqueolóxico no antigo Cuartel de San Fernando e a construcción dun teatro de capacidade media no centro da cidade. E un proceso participativo para convertelo no proxecto de todos/as os lucenses e non repetir os erros que os tres partidos institucionais comenteron no pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario