miércoles, 3 de octubre de 2007


EU-IU APOIA AS REIVINDICACIÓNS DOS GRUPOS PRO-LACTANCIA MATERNA

Na Semana Mundial da Lactancia Materna

Desde EU-IU e a Área da Muller desta organización, queremos amosar o noso apoio ás reivindicacións dos grupos pro-lactancia materna. Neste sentido aplaudimos a iniciativa da asociación “Bico de Leite”, que está a organizar a “Semana Mundial da Lactancia Materna” na nosa cidade con diversos actos.

Asemade, apoiamos a recollida de sinaturas que están a levar a cabo diferentes grupos a nivel estatal, para promover a Iniciativa Lexislativa Popular e conquerir que a baixa por maternidade se prolongue ata seis meses.

EU-IU reclama, ademáis deste aumento, políticas reais que protexan a liberdade para ter e criar responsablemente os/as fillos/as en igualdade de condicións. Por esa razón, e ao noso entender, máis que medidas parche como axudas económicas debera promoverse unha conciliación laboral e familiar que non só favoreza a unha parte das mulleres que traballan no sector público, senón ter en conta a desigualdade na que se atopan as traballadoras temporais a tempo parcial á hora de acceder ás prestacións tipificadas pola lei; por non falar das mulleres que traballan na economía sumerxida sen ningún tipo de dereito.

Para transformar esta situación, é necesario o aumento de servizos públicos e sociais ( escolas infantís, ludotecas, centros socio-culturais, bibliotecas, apertura dos centros educativos fóra do horario escolar,…) que é un dos pilares fundamentais para acadar unha verdadeira conciliación que permita ás mulleres ser nais sen deixar de ser suxeitos reais de pleno dereito.
Tamén defendemos cambios tanto nas institucións como na sociedade respecto a lactancia materna, fomentandoa e normalizandoa. Promovendo a aleitación materna e a creación de espacios para este cometido nos lugares públicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario