miércoles, 3 de octubre de 2007



AGORA PRIVATIZAR A AUGA. QUE SERÁ O SEGUINTE?

O goberno municipal pretende a creación dunha empresa mixta de augas


A pesar de que existen certos sectores onde os procesos especulativos sonde sobra coñecidos pola cidadanía, a especulación cun ben tan prezado etan básico como a auga pasa máis despercibida. A auga é un ben que baixounha boa xestión xera ingresos millonarios e á alza cada ano que pasa. É,polo tanto, un ben cada vez máis cobizado por determinadas empresas. Analizando algúns informes da AEAS (Asociación Española de Abastecementoe Saneamento), atopamos que é nas cidades onde con maior agresividadeintentan penetrar estes grupos empresariais, conscientes de que o sectorprivado da auga (incluídas as empresas mixtas), consegue cada ano quepasa uns beneficios próximos aos 3500 millóns de euros, cun incrementoanual próximo ao 5%. Como consecuencia, a día de hoxe atopámonos con quemáis da metade das cidades españolas están xa en mans do capital privadono que á xestión do auga se refire.

Son dous os grupos principais de empresas que controlan a maior parte donegocio do auga en España: a catalá AGBAR (www.agbar.es) adicada tanto áxestión da auga, saúde, inspección, transportes, recadación de tributos,etc…, cun beneficio de 100,7 millóns de euros no primeiro semestre de2007, un 6,1% superior ao ano anterior. Por outra banda, está Fomento deConstrución e Contratas (FCC-AQUALIA, www.aqualia.es), cunhascaracterísticas moi similares.

Teñen o negocio asegurado por tres motivos fundamentais:- trátase dun ben público cuxa demanda crecente, e polo tanto o risco aasumir é cero.- obteñen subvencións, pois necesitan un equilibrio financeiro económicoobrigado pola Lei de Contratos das Administracións Públicas. Dito doutromodo, se polas circunstancias cambiantes a empresa concesionaria perdediñeiro o Concello está obrigado a permitir unha subida das tarifas quecompense as devanditas perdas.- xeralmente son concesións a moi longo prazo; algunhas concesións fanse a50 anos revisables cada 4 anos, o que implica que co paso do tempo, ocontrol público diminúe ata chegar a ser case inexistente, provocandoservizos con mala calidade de atención ao suministro e á cidadanía, asícomo falla de persoal e condicións laborais nefastas, suba nas tarifas, eoutros, que como sempre buscan optimizar beneficios a custa do servizo.

As razóns para privatizar servizos públicos, a maiores das económicas quexa comentamos con anterioridade, xustifícanse desde argumentos como os seguintes:

- identifícase xestión pública con xestión ineficiente por falla decompetencia;

- identifícase liberalización-privatización con eficiencia, grazas á librecompetencia;

- identifícase xestión pública con opacidade e burocratismo;

- identifícase privatización con transparencia na xestión;

- deféndese a conveniencia de activar a capacidade investidora do sectorprivado fronte á falta de recursos financeiros dos concellos e do Estado;

- presuponse escasa capacidade tecnolóxica ao sector público fronte a unhaalta capacidade do sector privado para asumir a crecente complexidade dasgrandes redes urbanas;

- presuponse que os mercados de augas permiten asentar os principios deracionalidade económica incorporando ao prezo, tanto os custos como ovalor de escaseza do recurso.


Neste sentido, confúndese con frecuencia racionalización económica conintrodución de mercados. Asumir neste caso, unha nova racionalidadeeconómica á hora de xestionar a auga-negocio, non esixe a introdución demodelos de libre mercado. Por exemplo, a recuperación íntegra de custos,como criterio básico de racionalidade económica (esixido pola DirectivaMarco de Aguas da Unión Europea), certamente pode procurarse desdeenfoques privatizadores a través do mercado. Pero tamén pode e debeasumirse desde axeitadas políticas tarifarias, facendo a xestión de formapública e en aras do interese xeral. Non só se debe garantir arecuperación de custos, senón que se debe permitir xestionar a escaseza,cousa que a iniciativa privada non ten en conta cegada única eexclusivamente pola optimización de beneficios ao peche do exercicioeconómico.

Exemplos de que é posible unha boa xestión publica dos recursos, témolosen Córdoba (EMAC,S.A.) ou Sevilla (EMASE,S.A.), con idénticos resultados,incluso maiores nalgúns casos que os obtidos por iniciativas privadas.

Poderemos comprobar como esta análise xeral é extrapolable á análise particular da cidade de Lugo:

O argumento principal que se esgrime desde o goberno municipal paraacometer esta privatización encuberta é o cobramento de cada centímetrocúbico de auga consumido. Para elo, preténdese unha sociedade mixta dexestión do auga que se encargue só do cobramento de taxas, iso si,primando ao que máis gaste. A calquera, a poucos datos que manexe,faríalle dubidar o éxito da medida tal e como se concibe de base:

- En primeiro lugar, baixo ningún concepto se pode primar ao que máisconsuma, porque de partida se está convidando ao delpisfarro, xa non só anivel de empresa senón incluso a nivel particular. É necesario mellorar orendemento do servizo a través do aforro de auga.

- En segundo lugar, e tal e como se explica anteriormente a través da Leide contratos das Administracións Públicas, a pretensión do Concelleiro deMedio Ambiente de crear unha Empresa Mixta que pasado un ano teráliberdade de fixar os prezos coa condición de non subir a tarifa do auga,é incoherente á par que ilegal, posto que coa Lei na man aplicarán a subanecesaria nas tarifas sen ningún tipo de miramento no caso de ter perdasnun momento dado.

- En terceiro lugar, facer a concesión para un prazo de 50 anos é unhaaberración, a pesar da intención inicial de exercer un control exhaustivosobre o socio privado. Co paso do tempo, as posibilidades de que ésteaumente as súas participacións serán maiores, e as posibilidades decontrolar a súa xestión irán diminuíndo ata chegar a desaparecer.

- Por suposto, o futuro laboral do personal do actual servizo de augas nonestá garantizado desde o momento no que se fai a concesión do servizo aunha empresa privada.

Resulta curioso que o Concelleiro de Medio Ambiente, cando foi elexidohai máis de catro anos, se comprometese a mellorar todo o relacionado coaxestión da auga, sobre todo no referente á calidade, asegurando que denon conseguilo demitiría. Pois ben, a auga aínda non mellorou en ningúndos aspectos, e antes de marchar deixaranos un contrato cunha empresaprivada “cuasi vitalicio”.

Hai un par de veráns a encargada da Concellería de Mocidade puxo en mans privadas toda a xestión e organización das actividades que eran da súacompetencia. Esa Concellería creada á súa medida -dado que non existía antes de resultar electa- volveu desaparecer pasados catro anos. En fin, sen comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario