lunes, 29 de octubre de 2007

HOMENAXE EN SANTIAGO A MANOLO AMOR DEUS
Luns 29 ás 19:30 no Palacio de Congresos e Exposicións

O Secretario Xeral do Partido Comunista de Galicia e Coordinador Comarcal de Esquerda Unida , Carlos Portomeñe, e membros do Consello Local de EU-IU e afiliados/as participan hoxe na homenaxe a Manolo Amor Deus, histórico militante do PCG, EU e sindicalista de CC.OO, do cal foi o seu primeiro secretario xeral.

A homenaxe organizada polo Sindicato Nacional de CC.OO. e pola Fundación 10 de Marzo contará coa intervención do seu fillo e o seu mellor amigo, os compañeiros e camaradas Germán Amor Varela e Xesús Redondo Abuín, así como a de destacados membros da política e o sindicalismo, entre os que se atopan os Presidentes da Xunta de Galicia e o do Principado de Asturias, ámbolos dous ex-militantes do Partido Comunista de Galicia.

Esquerda Unida de Lugo quere facer pública a tristura e o baleiro que produce tanto en Esquerda Unida como no Partido Comunista a desaparición dun impresicndible como era Manolo Amor. ¡Ata sempre, camarada!

Na súa intervención no funeral de Manolo Amor Deus, o histórico Xesús Redondo Abuín finalizaba dicindo:

"Amor e máis eu, e máis tres millóns máis de homes e mulleres, puxémonos pingando de friaxe por comisarías e cárceres en pos da democracia e agora a democracia tennos medio no faiado, medio excluídos e medio silenciados ¡Qué lle estará pasando a esta transición de nunca acabar, camaradas e non camaradas, qué lle estará pasando! ¡Non vaia ser que as novas autoridades se durman nas pallas e volvan ás andadas os emperadores da propiedade privada! Sería para non volver a mirarlles á cara.


Ben mirado, amigo, Amor: as autoridades actuais débennos a nós os altos cargos que agora stentan e os salarios millonarios que se levantan e nós a eles nin sequera lle debemos a pensión coa que agora imos tirando: é salario diferido que nos foron detraendo mes a mes durante toda a nosa vida laboral. E aínda nola botan en cara cada campaña electoral ¡Serán canallas!


Non haberá quen encha o oco que deixas, Amor, no ámbito da fraternidade. Dixéchesme non hai moito ”non te preocupes por min, Abuinciño, que xa sabes que eu son dos que non se renden así como así cando veñen mal dadas”. Pero eu ben sabía que mo dicías porque ben sabía o teu ancho corazón que o meu ía estar para o arrastre á hora nefasta. Non se equivocou o teu corazón, Amor, non se equivocou o teu enorme e nobre corazón: eu son agora menos eu, moito menos eu que hai un pouco.

¡Grazas por vivir como pensabas! ¡Grazas por morrer sen cambiar ideoloxía por boa vida! Cousa moi de agradecer sempre. E máis agora que tantos cambiaron de camisa e de equipo. Eu non quero ser coma eles, Amor, en verdade cho digo, eu quero ser coma ti e coma min ¡Ata nunca, Amor, ata nunca!".

Podése baixar o texto íntegro da intervención:

http://www.pcgalicia.org/imaxes/imprescindibles.pdf


No hay comentarios:

Publicar un comentario