CELEBROUSE EN SANTIAGO O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA
O pasado domingo día 28 celebrouse en Santiago a xuntanza ordinaria do Consello Político Nacional de Esquerda Unida.
O primeiro punto da orde foi aberto á militancia e analizou o Proceso de Primarias para elixir candidato/a por IU á Presidencia do Goberno. A tal fin, o Consello Político Nacional contou coa presenza dun representante de cada unha das dúas candidaturas:
- Manolo Cámara, Secretario de Organización de IU e Director Xeral de Inmigración no Goberno Balear, pola candidatura de Gaspar Llamazares;
- Juan Ramón Sanz, membro da Presidencia, deputado pola Asamblea de Madrid e Secretario Xeral do Partido Comunista de Madrid.
O debate foi fluido e sereno, e tanto os representantes federais das candidaturas como os intervintes destacaron a importancia deste proceso para o futuro de IU.
A continuación Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU-IU, presentou o informe político, comenzando por un repaso da actualidade internacional, condeando as agresións do imperialismo no mundo e saudando a loita dos pobos e dos procesos revolucionarios en marcha por facer posible outro mundo fronte á globalización capitalista. No eido europeo, destacou o camiño trabucado dunha Europa privatizadora e privatizada, amosada no pacto acadado en Lisboa recentemente e que "dá un un novo golpe sobre as costas dos servizos públicos".
En canto ao Estado, Yolanda Díaz suliñou a contradicción entre as cifras macroeconómicas que se esgrimen nos medios oficiais, por unha banda, e a carestía da vida e a perda de poder adquisitivo dos/as traballadores, por outra. Tamén examinou a Lei da Memoria Histórica, o conflicto basco, a Monarquía, a situación das persoas inmigrantes, a corrupción e o urbanismo, ou as dificultades para o aborto legal en moitas comunidades, entre outras problemáticas. Papel destacado tivo a análise das vindeiras eleccións xerais a celebrar na primavera.
Na análise de Galicia, a coordinadora nacional de EU-IU destacou o continuismo neoliberal nas políticas do goberno bipartito de PsdeG e BNG ao frente da Xunta, repasando detalladamente os compromisos acadados por estes partidos hai preto de tres anos e comparándoos coa realidade. Deste xeito, falou da parálise do proceso de Reforma do Estatuto de Autonomía, o incumprimento do compromiso de reformar a Lei Electoral, a situación de pobreza extrema de 34.000 fogares galegos, o endebedamento das familias fronte aos inxentes beneficios do sector financieiro e as grandes empresas, así como o control e manipulación dos medios de comunicación, e os escándalos da Cidade da Cultura ou a Lei da Función Pública. Para Yolanda Díaz, o contexto actual é favorable para a expansión e difusión do proxecto anticapitalista e alternativo de Esquerda Unida en Galicia, sendo cada vez máis nítido e necesario o seu referente "fronte á alternancia e carencia de alternativa política, social e institucional ao neoliberalismo por parte dos partidos da mal chamada esquerda".
O informe político foi aprobado polo 94% dos votos favorables, cun só voto en contra.
O informe de Organización presentou o Plan de Traballo para os vindeiros meses, incluíndo a preparación das eleccións xerais, co obxectivo de engarzar a situación política descrita no informe político cun entramado organizativo que garanta a expansión do proxecto, agora que EU-IU ten máis peso institucional nas corporacións locais, especialmente coa presencia no goberno de Ferrol.
A Executiva Nacional adquire un carácter máis colectivo, e sufre unha restructuración co nomeamento de Xavier Ron como novo Secretario de Organización e Xosé Manuel Alves como Secretario de Finanzas. O Plan de Traballo inclúe unha cadea de traballo para a elaboración de informes sobre os aspectos e problemáticas máis destacadas da realidade social, desde o nivel máis xeral (Nacional) ata o máis particular (Comarcas).
Asemade, Xavier Ron foi elexido polo cupo de Galicia como novo membro do Consello Político Federal de Izquierda Unida.
Tamén se aprobaron por unanimidade varias resolucións, entre as que destacan unha de apoio aos cinco heroes cubanos detidos en EE.UU. e outra pedindo o traslado de Reganosa fóra da ría de Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario