miércoles, 3 de octubre de 2007

Foto: Carlos Castro


PROPOSTAS DE ESQUERDA UNIDA PARA A CHAMADA "CASA DA MÚSICA"


Deficiencias evidenciadas no MURALLA ROCK

Xa hai uns días que tivo lugar o Muralla Rock na cidade de Lugo, un certame que se botaba de menos, xa que nos últimos anos este festival foi derivando por estilos que nas últimas edicións tiña de todo menos música rock. Curiosamente, xa na segunda edición desaparecera a palabra ROCK do nome do festival. Despois de moitos meses de ausencia de actividade cultural na nosa cidade (en Lugo cando é época estival o é ata para as actividades culturais) recuperan o Muralla Rock, organizandoo con escaso tempo, tendo moi pouquiño en conta aos grupos da nosa cidade e nunha localización máis propia de querer agochar algo que de estar orgulloso dunha actividade realizada. O certo e que a sensación que deu foi máis a de querer xustificar a existencia da propia Casa dá Música que a de querer promocionar os grupos de Lugo. Para maior desgraza, en Lugo ou non hai nada ou ven todo xunto. Mentras que os que decidiran ver a “Os Suaves” (concerto organizado pola Xunta de Galicia), collían un bús gratis no Multiusos da Xunta, os que decidían acudir ó Muralla Rock (Concello de Lugo) o facían desde a Praza de Santo Domingo. Estaría ben se se tratase dunha broma macabra, pero o certo é que non o é; cando nas diferentes administracións gobernaban partidos de cores opostas ese era o argumento. Agora que iso non sucede, a mostra de poderío está servida, ¿quen dá máis?. Fagan apostas. É necesario dicir que dos grupos da nosa cidade que actuaron no Muralla Rock, ningún deles ensaia nos locais habilitados polo Concello na mal chamada Casa da Música. As razóns son obvias; para ensaiar neste sitio é necesario estar a libre disposición do Concello e posuír en propiedade uns instrumentos que nestes locais brillan pola súa ausencia. Cada semana teñen que chamar para ver que días lles asignan para ensaiar e a que hora. Dá a sensación de que a alguén non Concello se lle esquence que polo xeral as persoas traballan, estudan ou compatibilizan ámbalas dúas cousas. A pesar desta mala organización, foron moitos os grupos que nun primeiro momento solicitaron facer uso dás instalacións, ata o punto que cando non había máis ocos na axenda, a Concellería de turno decidiu eliminar uns cantos de forma arbitraria sen máis explicacións. Ante esta situación, o Consello Local de EU-EU Lugo demanda do goberno municipal de Lugo:
1.- Dotar aos locais de ensaio da Casa da Música de instrumentos, atrís e unha amplificación que lle permita a este espazo ser digno dese nome.
2.- Aumentar o número de locais.
3.- Facer unha organización racional dos días e das horas de ensaio de xeito que ningún grupo que queira facer uso das instalacións se vexa excluído por este motivo.


4.- Elaborar un rexistro de tódolos grupos de música de Lugo que permita xerar políticas adaptadas ás súas necesidades, así como a súa promoción na provincia e noutras cidades.


5.- Dotar unha partida orzamentaria que axude a aqueles grupos que queiran ter locais de ensaio en aluguer a cambio de actuar para algún acto que organice o Concello de forma puntual.


6.- Contar coa presenza dos grupos de Lugo para organizar eventos como Muralla Rock tendo en conta sempre as súas necesidades, escoitando as súas peticións, onde eles sexan os protagonistas principais, co que iso conleva: instrumentación adecuada, probas de son, etc… En definitiva, unha organización con tempo, seria e rigurosa.
Agardamos que o goberno municipal se faga partícipe destas suxerencias polo ben dunha pequena parte da actividade cultural da nosa cidade
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario