miércoles, 21 de noviembre de 2007



EU-IU APROBA A UBICACIÓN DO AUDITORIO EN MAGOI E DO NOVO MUSEO EN SAN FERNANDO
Tamén propón a construcción da Casa da Cultura na rúa Castelao


Esquerda Unida considera moi positivas as ubicacións dun novo auditorio en Magoi e do Museo da Romanización en San Fernando. Pese a todo, sigue defendendo un proceso participativo para ambas propostas.


Para EU-IU o novo auditorio en Magoi é unha solución acertada que cumple varias das características necesarias: está próximo ao centro; é un auditorio de nova construcción que non daña o patrimonio artístico e ademáis, pola súa ubicación, fará de nexo e integración do campus universitario na vida lucense. De feito, EU-IU xa defendeu esa opción en marzo, despois de coñecer que os terreos non de destinarían a uso comercial e coincidiu coa proposta da Asociación de veciños "O Carballo". EU-IU entende que todos os terreos deben ser destinados a dotacións culturais e servicios públicos ou, caso de non ser posible, planificar o menor impacto posible das vivendas de protección a construir pola Consellería de Vivenda.


En todo caso, a positiva ubicación dun Museo da Romanización no antiguo cuartel de San Fernando e as súas necesarias dotacións (exposición, interpretación, investigación, etc) non debe confundirse co uso polivalente do seu salón de actos. Cada edificio cumple as funcións para o que é destinado: se o novo museo ten salón de actos non pode ser utilizado, salvo casos esporádicos, para usos teatrais ou musicais.


Por iso a construcción dun auditorio non colma as necesidades culturais da cidade. Esquerda Unida seguirá reclamando unha Casa da Cultura nas inmediacións do casco histórico que debera contar, como mínimo, cun escenario teatral con capacidade para 200-400 persoas (das características do Salón Teatro ou o Teatro Principal en Santiago) e posibilidade de pequenos concertos e proxección audiovisual. Este centro sería o dinamizador da vida cultural na cidade, con locais de ensaio, talleres artísticos e unha sá de exposicións para unha boa cantidade de artistas e espectadores lucenses que nestes momentos carecen desas posibilidades.


Para EU-IU, a ubicación ideal da Casa da Cultura sería a parcela contigua ao edificio multiusos da Xunta de Galicia, entre a Ronda da Muralla e a rúa Castelao, unida á construcción de aparcamentos que darían servicio aos traballadores/as do edificio administrativo autonómico e ao centro cultural fóra dos horarios de traballo. Esta alternativa sería complementaria e coherente coa alegación conxunta ao PXOM presentada polos sindicatos CC.OO. e UGT en abril de 2006, na que solicitaban a inclusión no planeamento dun aparcamento soterado nestes terreos para dar servicio mínimo ao público e aos seus 1.000 traballadores, así como unha zona de xardín. Unha proposta que tamén integraría os inmuebles catalogados da rúa Castelao e tería un valor engadido: estaría nas proximidades do que foi o añorado Gran Teatro.


EU-IU sabe que os terreos son de propiedade particular, polo que o Concello debería comenzar negociacións cos propietarios para chegar a un acordo económico que permita a súa adquisición e destinalos a dotacións e servicios públicos.


Deste xeito, garantiríase unha oferta satisfactoria e unha boa integración do territorio urbano: o auditorio Gustavo Freire e as dotacións culturais de Frigsa; o novo auditorio en Magoi; e o novo museo e un teatro nas inmediacións do casco histórico.


Unha reflexión: resulta paradóxico e inédito en política que estando tres partidos representados no Concello, despois de dez anos controversia e en contra dos seus principios, rematen por adoptar o programa de Esquerda Unida que non ten representación: Museo Arqueolóxico en San Fernando e novo auditorio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario