jueves, 22 de noviembre de 2007

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
EU-IU presentou unha moción no Concello

A Área da Muller de EU-IU presentou unha moción no rexistro do Concello con motivo do día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A intención desta moción é resaltar que a cota de violencia contra as mulleres segue avanzando ao mesmo ritmo no século XXI, e que necesitamos que se actúe contra a violencia enfocándoa como manifestación da discriminación, da situación de desigualdade e das relacións de poder que os homes exercen sobre as mulleres.

Neste sentido, mentres non se dea un enfoque transversal e estrutural da violencia machista para erradicala en todas as súas manifestacións, e cunha coordinación eficaz e real a partir dos poderes públicos, os dereitos das mulleres seguirán sendo unha aspiración.

Queremos insistir que a violencia de xénero, tamén é transversal: os salarios das mulleres en traballos de igual valor, seguen sendo moito máis baixos cós dos homes; os empregos seguen segregados por sexos; a nosa imaxe segue sendo utilizada como señuelo comercial; os materiais educativos, manteñen a reprodución de estereotipos sexistas; o aborto aínda non é libre nin gratuíto; a humanidade segue con parte da Historia oculta, porque non se reflicte a nosa contribución; persisten os despedimentos por razón de sexo; prosegue a explotación sexual das mulleres…

Por iso instamos ao noso Concello, ao ser a Administración máis próxima á cidadanía, a implicarse en primeira liña para dar respostas axeitadas e eficaces á situación das mulleres.

Esquerda Unida solicita a aprobación dun pacto de goberno municipal contra a violencia de xénero que conleve a declaración de "tolerancia cero á violencia" no municipio, e a adopción de medidas integrais para erradicar a violencia contra as mulleres, no ámbito das súas competencias. É fundamental a elaboración dun Plano integral local contra a violencia de xénero enmarcado dentro dos Orzamentos Municipais anuais, poñendo especial atención sobre a especial vulnerabilidade das mulleres inmigrantes vítimas de malos tratos, cando se atopen en situación administrativa irregular e a denuncia poda supoñer a súa expulsión.

Por outra banda, consideramos imprescindible a colaboración con outras administracións, e para elo pedimos que se inste ao Goberno Autonómico a adoptar as disposicións necesarias para que exista coordinación entre todos os poderes e administracións públicas. Que, ademáis, o Concello inste ao Goberno Autonómico e ao Goberno Estatal para que se regule e se dote presupuestariamente ao fondo de pensións impagadas, pedindo a este último o aumento das partidas destinadas a transferencias ás Corporacións locais para actuacións conxuntas contra a violencia de xénero, en desenvolvemento das actuacións recollidas na lei 3/2004.Esquerda Unida tamén solicita que se realicen campañas permanentes, non só arredor de datas sinaladas, de concienciación e sensibilización social que aborden especialmente as emisións ou publicidade sexista, discriminatoria, vexatoria, estereotipada e as actuacións que publicamente xustifiquen, banalicen ou inciten á violencia de xénero.
Manifesto “PLENA IGUALDADE = VIOLENCIA CERO”

No hay comentarios:

Publicar un comentario