
ISABEL SÁNCHEZ CORRAL ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DE ESQUERDA UNIDA POLA PROVINCIA DE LUGO NAS ELECCIÓNS XERAIS 2008
O Consello Nacional de Esquerda Unida ratificou os candidatos/as das catro provincias
Isabel Sánchez Corral será cabeza de lista por Esquerda Unida na provincia de Lugo nas vindeiras elección xerais a celebrar o 9 de marzo. Así o ratificou o Consello Nacional de Esquerda Unida, logo de ser elexida por consenso nas asembleas comarcais celebradas na provincia. No Consello Nacional tamén se ratificaron os candidatos das demais provincias, que serán o profesor Xavier Ron por A Coruña, o doutor Manuel Peña-Rey por Ourense e o arquitecto Juan José Guirado por Pontevedra.
Isabel Sánchez Corral naceu o 28 de abril de 1970. Vive na cidade de Lugo, onde exerce Actualmente como profesora de Filosofía no Instituto Lucus Augusti. Pertence a Esquerda Unida desde 1997, formando parte do seu Consello Nacional e desempeñando o cargo de responsable da Secretaría Nacional de Muller. Tamén é membro do Comité Federal do Partido Comunista de España e do Comité Executivo do Partido Comunista de Galicia. Militante activa do movemento feminista e antiglobalización, participa na Marcha Mundial de Mulleres.
Isabel Sánchez é unha muller vinculada a diversas actividades culturais, especialmente relacionadas co teatro; tamén foi a coordinadora da homenaxe ao poeta Federico García Lorca celebrada en Lugo en outubro de 2006 e organizada polo Foro pola Memoria Republicana de Galicia.
Pois que a Isabel tenha muita sorte e oxalá melhore os resultados obtidos na província nas anteriores convocatórias!
ResponderEliminar