sábado, 15 de marzo de 2008

Carlos Castro e Carlos Portomeñe compareceron en rolda de prensa

VALORACIÓN DOS RESULTADOS ELECTORAIS
Os resultados no Concello de Lugo son os mellores desde 1996

Pese ao descenso xeralizado de votos de IU no Estado e a unha participación en Lugo 2 puntos menor, no concello de Lugo Esquerda Unida confirma a súa paulatina recuperación e consegue 970 votos. Vaia por diante o agradecemento a ese número de persoas que confían no labor crítico e alternativo dunha forza política conscente e sistematicamente apartada dos medios de comunicación e dos debates durante as campañas electorais. Algúns calificaron de "testimonial" este resultado. Pero EU é conscente de que tanto o PSOE como o BNG levan anos intentando sumar ese millar de votos que servirían, por exemplo, para que o PSOE acadase a maioría absoluta en Lugo.

Esquerda Unida acada o mellor resultado desde 1996, incluídas as eleccións de 2000, cando só un ano antes tiña tres concelleiros e grupo municipal propio. Elo pese a que en campaña só se adican espacios e debates a tres forzas políticas, que gastan millóns en campañas. Non se debe menospreciar a decisión de 1.000 lucenses; cando se exclúe a EU dun debate non se está despreciando só a un partido, estase exluíndo a preto do 2% dos votantes. Os datos aínda que modestos, duplican na provincia á candidatura de UpyD, a quinta forza en votos. ¿Cal sería o resultado se Esquerda Unida tivese un tratamento informativo axeitado e xusto? A candidata Isabel Sánchez só foi entrevistada en dúas ocasións. Obxectivo: calar o discurso alternativo de Esquerda Unida.

Esquerda Unida obtén no Estado os peores resultados electorais da súa historia. Uns resultados cuxas causas, consecuencias e responsabilidades internas debatiremos na asemblea federal que celebraremos dentro de tres meses, por iso a análise debe centrarse no ámbito externo.

De entrada, baste dicir que somos a formación política máis prexudicada co actual sistema electoral, obtendo 13 deputados menos dos que nos correspondería cun sistema proporcional. É dicir, uns 800.000 votantes de IU foron expulsados legalmente do Congreso en sentido literal debido á Lei Electoral. A manida fórmula liberal teoricamente igualitaria na forma de "unha persoa, un voto" non vai coa democracia en España. Existe un contexto xeral adverso, cunha Lei Electoral inxusta e pouco democrática que nos penaliza desde 1978, e unha dinámica bipartidista groseira e descarada avalada polos medios de comunicación cos resultados coñecidos: o 92,3% da representación do Congreso dos deputados corresponde ao PSOE e ao PP cun apoio electoral do 83%.

Esquerda Unida considera que este apoio electoral en Lugo é un aval ao esforzo realizado no traballo municipal, en cuestións tan sinaladas como o auditorio, a nova ponte sobre o Miño e, sobre todo, a loita contra o PXOM e a especulación urbanística no municipio. Por elo, Esquerda Unida quere entroncar os resultados electorais coa continuación do traballo municipal. Non imos defraudar ás mil persoas que depositaron a súa confianza en nós fronte á carencia de alternativa de esquerda en Lugo, e moi concretamente con respecto ao PXOM.



No hay comentarios:

Publicar un comentario