martes, 30 de septiembre de 2008


"Desdeño las romanzas de los tenores huecos

Y el coro de los grillos que cantan a la luna.

A distinguir me paro las voces de los ecos,

Y escucho solamente, entre las voces, una".

Antonio Machado

ESQUERDA UNIDA ASEGURA QUE LUGO VIVE DÚAS CRISES: A INSTITUCIONAL E A SOCIO-ECONÓMICA

Presentou as súas propostas para superar ambas crises no municipio

Hai unha semana se celebraba o primeiro debate sobre o estado da cidade, ao amparo da Lei de Grandes Cidades que recolle a posibilidade de dito debate. O alcalde sinalou nese debate que Lugo está "espléndido"... será para a minoría que ten un salario como o seu.

En Lugo existe a día de hoxe unha doble crise, institucional e socioeconómica, vinculada entre sí pola actuación dos poderes políticos e económicos, nun entramado político-económico que EU-IU ven denunciando desde hai anos:

1. CRISE INSTITUCIONAL

Existía o compromiso (só hai que revisar as hemerotecas) de non aplicar nunca a Lei de Grandes Cidades no sentido de nomear edís non elexidos en comicios electorais. Sen embargo, xa se nomearon un Director xeral da Policía Local e unha responsable da Área de urbanismo non elexidos polo pobo.

Isto amosa ben ás claras a incapacidade do equipo que o PSOE presentou ás eleccións para desenvolver os cargos que lles foron encomendados. Sería inimaxinable o desastre que suporía se hoxe tivese 15 concelleiros como lle concedían algunhas enquisas pre-electorais.

O Goberno en minoría do PSOE é incapaz de garantir a gobernabilidade do Concello. Varios anos despois de iniciado o seu proceso aínda non hai Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), nin auditorio, nin nova ponte, o tren vaise de Lugo, e un longo etcétera de promesas incumplidas.

De feito, que non de dereito, o PP é quen goberna no Concello, sendo o "comodín" de tódalas decisións e acordos que se toman no Concello, ben a través de acordos co goberno municipal, ben a través de acordos co BNG. Todas as votacións que se producen nos Plenos son aprobadas co voto favorable do PP: por exemplo, os orzamentos co PSOE e as mocións sobre a nova ponte, elección de pedáneos ou regulamento de participación co BNG. Se o PP vota en contra non se aproba nada: e iso non é o que votou o pobo de Lugo.

Na práctica demóstrase que non hai alternativa na oposición e que os tres partidos presentes na corporación comparten o modelo socio-económico para Lugo, con matices en políticas concretas e puntuais.

O máis claro exemplo é que algunhas das propostas que máis repercusión tiveron nos últimos meses nin sequera eran propostas orixinais dos partidos que as formularon, senón que Esquerda Unida xa as propuxera desde hai tempo. A saber: o auditorio en Magoi, cando os tres se pechaban na opción de San Fernando; unha nova exposición pública do PXOM cando EU xa a reclamaba en novembro de 2007; o tren A Mariña-Lugo-Santiago é unha proposta de EU desde as primeiras eleccións democráticas.

Nas eleccións municipais de 2007 asegurabamos que só a presencia de EU-IU no Concello sacaría a Lugo da falla de alternativas e o tempo dános a razón con claridade.

B. CRISE SOCIOECONÓMICA


Esta situación reflíctese nun modelo socioeconómico baseado no "ladrillo", que foi incapaz de establecer unha alternativa de emprego nos últimos anos, carecendo de industria e de costas aos "novos xacementos de emprego". Pero tamén un modelo que destruiu o pequeno comercio en favor das grandes superficies comerciais: Carrefour co PP, As Termas co PSOE e BNG, Abella co PSOE; hai que ter en conta que a zona de Magoi destinada a novo auditorio estaba reservada para outra grande superficie.

Afortunadamente non está aprobado o PXOM, que é fame para hoxe e fame para mañá. En contra do que di o Alcalde, a prensa publica que a crise en Lugo dispara as regulacións de emprego. Isto é debido a que un sector, o da construcción, é un modelo caduco de contratas, subcontratas, precariedade, temporalidade e autónomos que están perdendo a fcarga de traballo. A elo hai que sumar unha siniestralidade laboral que se dispara nos primeiros meses do ano. Fronte a isto, as medidas son de conxelación dos salarios dos políticos que non chega nin para tapar un pequeno furado, cando non tiveron reparos en subidas de salarios desorbitadas ata hai pouco tempo, con dedicacións exclusivas no Concello e a Deputación sen sentido.

O Concello de Lugo é un alumno aventaxado do neoliberalismo, polo "libro": esxternalización de servizos públicos (Director xeral da Policía Local e unha responsable da Área de urbanismo non elexidos polo pobo); privatización (servizo de augas) e desregularización do mercado laboral (traballadores/as do Concello). Ese mesmo liberalismo económico que José Blano lle critica a Bush e os "neocom" americanos.

Tanto os partidos maioritarios como os grandes empresarios van intentar que paguen a crise os/as traballadores, e Esquerda Unida estará na mobilización. Non permitirá que "se privaticen os beneficios e se socialicen as perdas". As ganancias son para eles e cando hai perdas tratan de cubrilas a costa dos contribuíntes.

Alternativas

1. Servizos públicos e de calidade

O servizo de augas, por poñer un exemplo, é un servizo de todos/as os lucenses. Én necesario reactivar e potenciar o transporte público para frear os desprazamentos privados. Non serve o modelo desarrolista de PSOE, PP e BNG de trens de alta velocidade, autovías e pontes descomunales.

Ademáis de potenciar o autobús urbano, recuperar a proposta do tranvía recollido na Axenda 21 como proposta de EU-IU: limpo, sustentable e público. Desenvolver o tren, pero non como retórica electoral, senón co convencemento e a actuación coordinadas da cidadanía e as institucións.

2. Revitalización do pequeno comercio.

Fronte ás grandes superficies comerciais, potenciar o pequeno comercio. As políticas dos últimos anos van a contracorrente, nos países máis desenvolvidos de Europa están perdendo forza os centros comerciais desde hai anos fronte ao pequeno comercio, o máis directo ao cidadán e con maior desenvolvemento económico dos barrios.

3. Máis políticas sociais e de solidariedade fronte ao modelo competitivo.

Os grandes empresarios levan anos enriquecéndose en Lugo a costa da precarización dos traballadores e o seu endebedamento, coa connivencia dos políticos, especialmente os dos gobernos minicipais que concederon miles de licencias de obra. Precisamente os orzamentos do Concello (superiores a 100 millóns de euros) dependen maioritariamente destas licencias.

É necesario garantir os dereitos laborais, aumentando a inspección de traballo e salarios dignos. Non é de recibo que a CEL e a Cámara de Comercio pidan axudas públicas para os seus negocios cando as ganancias non as compartían e intentan compartir a crise, facéndolla pagar aos traballadores.

4. Novo PXOM

Neste sentido, o PXOM é un plan irreal e irracional, máxime cando se coñece a parálise de obras como a urbanización de Abella ou a imposibilidade de levar adiante toda a unidade de actuación SUR-K (San Fiz). A previsión demográfica do PXOM é irreal supón claramente acentuar a crise e terá unha repercusión negativa impredecible.

Por elo é necesario actuar contra a crise incidindo na rehabilitación, ou reconstrucción no seu caso, das máis de 15.000 vivendas valeiras, tanto antiguas como de nova construcción.

E, sobre todo, como EU-IU reclama desde hai un ano, meses ante ca outros, a nova exposición do PXOM, para que os veciños/as poidan coñecer un Plan cociñado entre os partidos da Corporación e os grandes constructores, que non cubre as necesidades de aqueles e os aboca ao endebedamento, á imposibilidade de adquirir unha vivenda pola suba dos prezos debido á especulación.

A única solución é un Plan Xeral de Ordenación Municipal novo, participativo, adaptado ás necesidades reais dos/as lucenses.

En definitiva, a mensaxe de Esquerda Unida aos lucenses é: "Que non nos fagan pagar a crise".

No hay comentarios:

Publicar un comentario