domingo, 26 de octubre de 2008

Un momento da Conferencia Nacional

A CONFERENCIA DE ESQUERDA UNIDA APOIA O GRUPO MUNICIPAL DE FERROL
Resolución aprobada na Conferencia Nacional de Esquerda Unida


A nosa tradición política, a da esquerda revolucionaria, coñece da importancia de afirmar o carácter de organización de loita e de goberno na nosa acción cotián.
A nosa militancia é o máis importante valor para desenvolver ese traballo, que permita para pola transformación da sociedade nun sentido socialista. A súa intervención dando canle na sociedade ás nosas análises e propostas programáticas en todas e cada unha das expresións de conflito social que se producen de xeito necesario nas formacións económicas e sociais do capitalismo semella a mellor ferramenta e a condición de futuro do noso ideario.
Dende esas loitas sociais fornecemos a organización e gañamos coñecemento e creto diante da clase traballadora e a cidadanía. Da man desas loitas chegamos ao goberno municipal de Ferrol.
Goberno municipal posto hoxendía en entredito. Diante da negociación orzamentaria aberta temos que denunciar a negativa do alcalde a sentar a negociar aspectos fundamentais do vindeiro orzamento: as cuestións que atinxen ao capítulo de persoal e as propias retribucións dos concelleiros e moi en particular as do alcalde, lidas de xeito unánime pola cidadanía como desmesuradas e inaceptables. Asemade dá teima en impoñer a lectura máis regresiva posible do futuro regulamento orgánico de funcionamento que desenvolverá a lei de grandes cidades, ao obxecto de coutar e desnaturalizar os pasos dados por EU no eido dá democracia participativa: a elaboración nun proceso participado de máis de medio ano dun ambicioso regulamento de participación cidadá e o acordo para desenvolver o primeiro orzamento participativo nunha dás grandes cidades de Galicia.
Xa que logo, a Asemblea Nacional de Esquerda Unida ACORDA:
- Afirmar a vontade e determinación da nosa organización de facer todos os esforzos posibles cara a preservar o valor central de manter un goberno que se quere de esquerdas e progresista en Ferrol.
- Demandar do alcalde a apertura dunha negociación entre iguais, que permita acadar un acordo sobre contidos de esquerdas, sen imposicións de ningunha caste.
- Apelar a un postrer exercicio reflexivo por parte do socio de goberno, que evite que de novo que a dereita política goberne pola porta de atrás, xa que a única maioría posible que conxugue esquerdas e progresismo e a que conformou o goberno municipal atei o de agora.
Esquerda Unida só ten un compromiso indeclinable neste sentido: co programa electoral participado co que conquerimos a confianza dá cidadanía de Ferrol, e coa clase traballadora e a cidadanía ferrolá que arela un goberno de esquerdas para a cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario