ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A MELLOR MEDIDA CONTRA A CRISE É NON APROBAR O ACTUAL PXOM.
Portomeñe contesta ao presidente da APEC e lembra que a actual crise é responsabilidade dos grandes constructores, da banca e dos partidos que os benefician.
"Si no se aprueba el plan general, tendremos que marcharnos de Lugo, así de claro", dixo o presidente de los constructores, Hipólito Trinidad.
Esquerda Unida sostén que non é necesario que os constructores se vaian de Lugo porque xa hai anos que se foron da cidade, pensando no beneficio particular e vivindo á marxe das necesidades da cidadanía.
Neste sentido Esquerda Unida quere lembrar que a actual crise económica (que non fixo máis que comenzar) se debe á ruptura da burbuxa inmobiliaria e que polo tanto son os grandes constructores, a banca e os políticos que basearon no "ladrillo" o modelo económico de cidade os principais responsables de dita crise, que queren acentuar co actual PXOM.
EU-IU sinala que nos últimos anos os grandes constructores de Lugo, empezando polo seu presidente, se apropiaron das plusvalías que correspondían á comunidade facendo grandes fortunas persoais que apenas repercutiron no beneficio da sociedade, converteron a vivenda nun negocio cando se trata dun dereito, precarizaron o emprego, contribuíron a hipotecar a boa parte da poboación e destruíron o medio ambiente. Por suposto, isto non sería posible sen a connivencia co poder político, da que non escapa ningunha das siglas políticas presentes no Concello ( PSOE, PP e BNG) que tiveron responsabilidades de goberno municipal en diferentes etapas. EU-IU está capacitada para poñer exemplos concretos.
Esquerda Unida quere lembrar, tanto ao goberno municipal como aos grandes constructores, que vulneraron e vulneran constantemente o Artigo 47 da Constitución Española que establece:
"Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos".
O Presidente da APEC e o alcalde falan do PXOM como se fose deles. O PXOM é a normativa máis importante que se elabora a nivel municipal e hai que lembrarlle ao goberno municipal e aos grandes construtores que debe ser un documento ao servizo de todos/as os lucenses e non só en beneficio duns poucos. Un Plan Xeral de Urbanismo incorpora os elementos técnicos, políticos, económicos, sociais e ambientais que definen un proxecto de cidade. Excede con creces a idea que teñen os constructores de Lugo do PXOM como "norma que me impide construír as edificacións que eu quero para obter máis beneficios".
É necesario sinalar que nos últimos anos construíronse en Lugo miles de vivendas, máis que en varias décadas xuntas e, sen embargo, o prezo da vivenda seguiu subindo e as opcións de emanciparse de moita xente moza baixando, atados a fortes hipotecas por convertir un dereito constitucional nunha das formas de investimento máis rendibles a curto prazo.
É necesario cambiar o modelo en materia de vivenda, facendo realidade políticas que se axusten ás necesidades reais da cidadanía e non que sexa a cidadanía a que se adapte ao que o mercado ofrece, para conseguir que a vivenda volva a converterse nun ben de uso e deixe de ser considerado como ben de investimento. Xa que logo, a opción de xestionar a demanda é imprescindible para acabar coa suba permanente dos prezos da vivenda.
Polo tanto, a mellor medida contra a crise económica é non aprobar este PXOM e elaborar un novo ao servizo dos/as lucenses.

No hay comentarios:
Publicar un comentario