viernes, 12 de diciembre de 2008



ESQUERDA UNIDA EXPÓN UN DECÁLOGO DE PREGUNTAS AO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE O PXOM
Emplázao a facer pública a previsión demográfica do novo PXOM, entre outras cuestións


1. O Tomo I da Memoria do PXOM exposto ao público en marzo de 2006 permitía a construción de 76.370 vivendas en solo urbano e 43.815 vivendas en chan rural (120.185 vivendas en total). ¿Cuántas vivendas prevé o PXOM tralos cambios introducidos?

2. O PXOM exposto ao público no 2006 planificaba un municipio para 338.923 habitantes (356.595 habitantes na provincia). Cal é a previsión demográfica (que debe estar incluída obrigatoriamente) no reformado PXOM?

3. Por primeira vez nomearon delegada de Urbanismo a unha persoa non elixida democraticamente polos cidadáns. Descoñecía o PSOE as incapacidades da súa candidatura cando se presentou ás eleccións municipais?

4. Varias fincas do ex-concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, foron recalificadas de solo rústico non urbanizable a urbano consolidado. Consideran o PXOM un Plan ao servizo dá cidadanía ou para facer negocios particulares?

5. En Lugo hai obras de construción paralizadas, están pechando inmobiliarias, os promotores están endebedos, o paro aumenta... Están vostedes enterados da crise do sector inmobiliario?

6. O Artigo 85.6 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (a chamada Lei do Só) establece que "No caso de modificacións que signifiquen un cambio substancial do documento inicialmente aprobado … abrirase un novo trámite de información pública". Despois de estar reformando o PXOM durante máis de dous anos, por que se quere evitar o cumprimento da Lei negándose a expoñer novamente o plan?

7. Se máis do 25% das vivendas de Lugo están baleiras, incluíndo o 72% das vivendas construídas desde 1998. Non cren vostedes na rehabilitación e na reconstrución da cidade en troques de facer medrar a cidade irracionalmente?

8. O artigo 47 da Constitución Española establece que "Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos". Un PXOM feito á medida de constructores e promotores amósase un plan especulativo e irreal . É que consideran a vivenda como un negocio e non como un dereito?

9. O PXOM presenta unha cidade difusa, con necesidade de desprazamentos longos, sen espazos públicos, que altera a fisionomía tradicional dunha cidade bimilenaria, a súa "alma". É que non lles importa a cidade que deixarán aos seus fillos?

10. O PXOM foi presentado publicamente en 2006 sen que os partidos, asociacións, organizacións nin cidadanía en xeral puidesen opinar previamente participando no seu deseño e trazado. É que a vostedes non lles interesa a opinión dos/as lucenses sobre a cidade onde habitan, non cren na participación cidadá?

No hay comentarios:

Publicar un comentario