jueves, 5 de marzo de 2009

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O PERIGO QUE SUPÓN PARA PEÓNS, TRÁFICO E TRABALLADORES A ZONA DO PLAN PARADAI ABERTA AO TRÁFICO

Propón cambios para facilitar a circulación

Despois de máis de 16 anos, e aínda que sexa en varias fases, semella que o Plan Paradai é xa unha realidade, polo menos en canto ao que se refiere á 1ª fase. Sen embargo, á vista dos resultados finais e recollendo as opinións e críticas dos veciños da zona, desde EU-EU denunciamos:

1º Que os prazos de execución da obra soamente tiñan como finalidade abrir a zona ao tráfico antes das eleccións do 1 de Marzo, despois de inaugurar as obras en tres fases distintas e por diferentes autoridades de distintas administracións. Como consecuencia:

- Os peóns teñen que compartir as beirarrúas con galpóns de obra, tapas de sumidoiros, etc.

- Os vehículos empezaron a circular coas obras a medio rematar, con furados nos sumidoiros de máis de 30cm sinalizados con pivotes, e a sinalización viaria tanto vertical como horizontal a medio poñer (non hai indicadores de velocidade nin bandas rugosas). A día de hoxe, as obras aínda continúan, cunha única diferenza, que os obreiros teñen que seguir traballando pendentes non so do seu traballo, senón tamén do tráfico, co perigo que isto conleva por ámbalas dúas partes.

2º Aínda sendo conscentes de que a actual morfoloxía dá zona vai cambiar coa execución dás fases posteriores, EU-EU denuncia que o barrio quedase totalmente fraccionado en tres zonas ben diferenciadas como consecuencia de dita actuación.

Por unha banda, a conexión para peóns entre Paradai de Arriba e Paradai de Abaixo prodúcese a través dunha pasarela metálica provisional á saída da cal se pintou un paso de peóns non previsto, tres días despois de abrir as obras. Como consecuencia, ao non estar previsto o paso de peóns, os veciños teñen que atravesar por unha mediana reservada para zona verde. No que ao tráfico rodado se refire, a conexión é totalmente inútil, pois os coches teñen que ir virar obrigatoriamente á rotonda que enlaza con Avda. Infanta Elena. Perante este absurdo, existe unha ruta máis rápida e mellor que é subir ou baixar pola Calzada das Gandarás e virar polo Camiño da Rocha.

A conexión entre Paradai de Arriba e a marxe dereita de Río Sil (en sentido Alexandre Bóveda), é totalmente inviable para viandantes. Para cruzar hai que atravesar un carril de servizo, unha mediana (zona verde), un carril de baixada e dous de subida. A outra opción é subir ata Rio Sil, cruzar á marxe esquerda, camiñar 100m. ata o primeiro paso de peóns e cruzar outra vez á dereita.

Isto evitaríase se un bo tramo dunha das marxes de Rio Sil non quedase sen beirarrúa.

A modo de conclusión suxerimos da actual Corporación Municipal que se acorde no Pleno do Concello a prohibición de inaugurar obras en períodos electorais, e que poñan solucións aos problemas aquí expostos antes da execución das seguintes fases.

En EU-IU coidamos que feitos como os relatados anteriormente son os que levaron á cidadanía a votar polo PP, posto que para actuar politicamente como nos tiña acostumados a dereita, a xente considera mellor o orixinal que un sucedáneo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario