sábado, 9 de mayo de 2009

Edificio de Obras Públicas

ESQUERDA UNIDA RECLAMA A RETIRADA DE SÍMBOLOS FRANQUISTAS EN CUMPRIMENTO DA LEI DA MEMORIA

Esquerda Unida reclama a retirada dos símbolos franquistas das fachadas dos edificos públicos en virtude da chamada "Lei da Memoria" que foi aprobada no Congreso dos Deputados en decembro de 2007. Dita Lei especifica no seu artigo 15 que "as Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas do franquismo".

Esquerda Unida plantexará varias preguntas no Congreso dos Deputados a través do seu grupo parlamentario para coñecer os motivos polos cales non se aplica a lei na nosa cidade, pese ás reiteradas peticións.

Vai para un ano e medio que a Lei foi aprobada e os escudos franquistas seguen existindo nas fachadas de edificios tan sinalados como Obras Públicas, a comisaría de policía, Sanidade ou Instituto Lucus Augusti, entre outros, existindo no caso do último unha vidrieira de grandes dimensións no seu interior. A importancia arquitectónica non é problema para a súa retirada, senón que é unha cuestión de vontade. Unha vidrieira de maiores dimensións foi retirada do concello de Ferrol sen maior controversia pese a ser a cidade de nacemento do ditador.

As instrucións para a retirada de símbolos franquistas nos bens da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos dependentes está recollidas no Acordo do Consello de Ministros de 31 de octubre de 2008. Hai que lembrar que o anterior subdelegado do goberno prometera o ano pasado a retirada dos escudos, algo que xa se levara a cabo na fachada da Subdelegación do Goberno.

A disculpa de conservar a historia non é válida e tampouco o interés histórico-artístico dado que non se trata de ornamentos arquitectónicos, senón que son simples sinalizacións de organismos públicos dependentes do réxime franquista de carácter anticonstitucional.

Para EU-IU é moi indicativo das institucións e as persoas que nos gobernan que no ano 2009 haxa que reivindicar a retirada de símbolos dunha ditadura que rematou hai 31 anos. É unha vergoña que os visitantes da cidade se atopen este panorama con institucións gobernadas pola chamada "esquerda", ademais dun malísimo exemplo para os/as lucenses máis novos que ven os edificios oficiais coronados pola simboloxía dun réxime chegou ao poder a través dun sanguento golpe militar e que a través da represión posterior encheu de cadáveres o país, nun xenocidio sen precedentes na nosa Historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario