.jpg)
EU-IU RECLAMA UN CAMBIO NA XESTIÓN DOS RESIDUOS DEPOSITADOS NO PUNTO LIMPO DO CEAO E UN NOVO PUNTO LIMPO NA ZONA SUR DA CIDADE
O punto limpo está concebido para residuos perigosos ou de grande volume xerados na casa, na oficiña ou en pequenos comercios que non deben ou non poden depositarse nos contenedores da rúa. Dende hai tempo, os usuarios do Punto Limpo de Lugo observamos como moitos dos residuos que rematan alí a súa vida útil (mobles, informática, electrónica de consumo en xeral, etc), poderían ser empregados por persoas que non teñen medios para acceder a productos destas características.
O que impide que esto sexa posible é a política de funcionamento coa que foi creado o Punto Limpo. Dito de outro xeito, todos os residuos que entran no Punto Limpo quedan anotados nun rexistro xunto cos datos da persoa que os deposita e non poden sair dalí salvo de mans da empresa encargada de retiralos unha vez por semana. Calquera particular que quixera reutilizar un producto alí depositado, teno totalmente prohibido por lei.
É necesario polo tanto, un cambio na xestión destes residuos, chegando a acordos puntuais con Asociacións que traballen con e para colectivos en risco de exclusión social sen ánimo de lucro e Asociacións de Cooperación Internacional entre outras. Mobles, material informático, roupa, etc., son malchamados "residuos" que en moitas ocasións son demandados por Asociacións en campañas de Cooperación Internacional ou Asociacións con ámbitos de actuación máis localistas desbordadas nunha época de crise, na que o número de familias que se achegan ou entran directamente no umbral de pobreza conxuntural, aumentan considerablemente.
Asemade, un único punto limpo é insuficiente para unha cidade de preto de cen mil habitantes e non permite o acceso a toda a cidadanía, tanto urbana como rural.
Dende EU-IU solicitamos do Concello as seguintes actuacións:
- Un cambio na xestión dos residuos que permitan o seu reaproveitamento. A reutilización é unha das famosas tres RRR para o tratamento axeitado de residuos (reducción, reutilización e reciclado).
- Realización dunha campaña na que se dea a coñecer a existencia deste servicio, moi descoñecido ainda para moitos cidadáns e na que se faga especial fincapé na ubicación do Punto Limpo no Ceao. Para calquera persoa que acuda por primeira vez non é doado dar con sitio.
- O establecemento dun novo Punto Limpo na zona sur da cidade, por exemplo, na zona de San Fiz.
- Que o propio Punto Limpo sirva de lugar de concienciación cidadá dando información sobre o tratamento que se lles da os elementos alí depositados así como da perigosidade dos mesmos se se poñen en contacto directo co medio natural sen tratamento previo.
Eu penso que o máis importante é controlar exhaustivamente e periódicamente a empresa privada que xestiona este servizo, non fora ser que por engrosar os seus beneficios aforrase un, ou varios procesos na xestión dos residuos, recibidos, preocuparíame de que os residuos recollidos son reciclados correctamete, e non rematan nun vertedoiro.
ResponderEliminarA segunda cuestión ,máis importante a ter en conta dende organización de esquerdas coma EU-IU, sería recuperala concesión, xa que os servizos en mans privadas son máis opacos, as administracións públicas e a cidadanía, teñen menos control sobre os mesmos, incluso as empresas impoñen as condicións e prezos aos usuarios e clientes. As empresas privadas engrosan os seus ingresos a conta da explotación laboral dos seus traballadores, polo xeral traballadores, e cidadáns do mesmo pobo que lles paga, ainda que, se cadra, en explotación laboral, o servizo de Lugo non sexa o mellor dos exemplos galegos.