PSOE e PP ocultan en España a súa afinidade en Europa
OS DOUS PARTIDOS VOTARON O MESMO NO PARLAMENTO EUROPEU NUN 70% DOS CASOS
Alberto Mendoza
O Confidencial
As campañas electorais de PSOE e PP para as eleccións europeas presentan a ambos partidos como opcións opostas e irreconciliables. Sen embargo, a realidade política en Europa pouco ten que ver con esta percepción. Os grupos popular e socialista do Parlamento Europeo coinciden nun 69,7% nas votacións, un grao de consenso descoñecido na política nacional, e que PSOE e PP ocultan para diferenciar a súa oferta electoral. Os datos están dispoñibles na web de VoteWatch, unha organización non gobernamental dedicada a fiscalizar o traballo do Parlamento Europeu.
No caso concreto dos eurodeputados españois de PSOE e PP, a súa coincidencia nas votacións da Eurocámara é do 67,9%, unha cifra case idéntica á do conxunto dos seus respectivos grupos parlamentarios. Así, nos últimos cinco anos, dun total de 6.149 votacións, populares e socialistas puxéronse de acordo en 4.286. Un notable esforzo negociador que, sorprendentemente, non parece ter oco nos discursos dos candidatos Juan Fernando López Aguilar e Jaime Mayor Oreja.
Fontes do Parlamento Europeu explicaron ao Confidencial a razón deste consenso entre os dous grandes grupos políticos do continente. De acordo co sistema de toma de decisións no ámbito europeu, a Eurocámara debe aprobar por maioría absoluta, 393 votos, calquera directiva ou recomendación para que sexa efectiva. Do contrario, as decisións acaban en mans do Consello da Unión Europea, que representa aos gobernos dos distintos países membros.
Malia que os populares son o grupo con maior representación, non acadan a maioría absoluta en alianza co resto de formacións de centro dereita. A suma do centro esquerda tampouco suma 393 votos, polo que todas as grandes decisións do Parlamento Europeu proveñen do acordo do Grupo Popular e o Socialista. Así aconteceu con materias tan diversas como a directiva de servizos, a normativa de seguridade dos xoguetes ou, máis recentemente, as medidas para reforzar a seguridade marítima.
Propaganda electoral
De feito, os populares aliáronse con outros grupos sen contar cos socialistas nun 9.57% das votacións, mentres que ao revés só aconteceu un 5,37% das ocasións. No caso español, o consenso dáse incluso á hora de apoiar a José Manuel Durao Barroso para que sexa reelixido presidente da Comisión Europea. José Luis Rodríguez Zapatero amosou o seu apoio ao político portugués, malia que se trata dun líder conservador, e formou parte da famosa foto das Azores con José María Aznar, Tony Blair e George W. Bush.
Pese aos esforzos por distanciarse que realizaron López Aguilar e Maior Orella no primeiro cara a cara da campaña, PSOE e PP teñen máis cousas en común do que semella.

No hay comentarios:
Publicar un comentario